A Deputación de
Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar novos investimentos nun total de
oito municipios da provincia no marco da liña 1 do Plan Concellos. Trátase dun
total de dez partidas por un total de 2.393.963,5 para diversas actuacións
en A Estrada, Marín, As Neves, Barro, Salceda de Caselas, Silleda, Caldas de
Reis e Moaña.
Para A Estrada, o Goberno provincial
autorizou un investimento de 1.126.999,99 euros para financiar a pavimentación
de diversas vías rurais da vila. En total, a través do Plan Concellos, a
Deputación de Pontevedra pon a disposición da Estrada este ano 1.648.496,67
euros, un 4,26% máis que no exercicio anterior.
No caso de Marín, o goberno de Carmela Silva vén
de aprobar unha achega de 136.523,91 euros para a renovación da rodadura da vía
da praia deAguete. Este ano, a través do Plan Concellos, Marín ten a súa disposición
1.071.393,22 euros, un 3,35% máis que o ano pasado.
Para As Neves, a Deputación de Pontevedra
deulle o visto bo a dúas achegas por un valor total de 240.667,58 euros. Máis
polo miúdo, 65.477,92 euros serán destinados á mellora da pavimentación no
camiño da Igrexa de Batalláns á autovía de As Neves e outros 175.189,66 euros
para financiar tamén a mellora do pavimento no camiño de Pousadouro á autovía. A
través do Plan Concellos, As Neves ten este ano a súa disposición 556.434,2
euros, un 2,89% máis que o no exercicio anterior.
Para Barro a institución provincial aprobou outros
dous investimentos por un valor total de 134.741,57 euros. Máis polo miúdo, 60.101,79
eurospara financiar a ampliación do saneamento en Bretoña (Curro) e outros 74.639,78
euros para a renovación da capa de rodadura en Fonte de Curro. A
través do Plan Concellos, Barroten este ano a súa disposición un total de 441.102,74
euros, un 3,16% máis que en 2018.
No que respecta a Salceda de Caselas, a institución
provincial deulle o visto bo a unha partida económica de 82.535,53 euros para a
mellora do camiño municipal Borralliño-Pantel (Soutelo-Parderrubias). Este
ano, a través do Plan Provincial, o goberno de Carmela Silva destina a Salceda
de Caselas677.440,1 euros, un 3,34% máis que no exercicio do ano pasado.
Para Silleda, o Goberno provincial autorizou
un investimento de 489.361,54 euros para financiar a mellora de diversos
camiños municipais na vila. En total, a través do Plan Concellos, a
Deputación de Pontevedra pon a disposición de Silleda este ano 784.466,23€, un 3,86%
máis que en 2018.
No caso de Caldas de Reis, o goberno de Carmela
Silva vén de aprobar unha achega de 96.883,77 euros para a instalación de
saneamento separativo na rúa Real e rúa Carlos García Bayón.En
total, a través do Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra pon a disposición
de Caldas de Reis este ano 733.577,55 euros, un 3,23% máis que no exercicio
anterior.
Finalmente para Moaña,a institución provincial tamén
lle deu o visto bo a unha partida económica de 86.250 euros para financiar o
proxecto de implantación do eixo de mobilidade amable e segura de interconexión
dos centros urbanos de Moaña e Cangas. Este ano, a través do Plan Provincial, a
Deputación de Pontevedra destina a Moaña1.019.697,75 euros, un 2,9% máis que no
exercicio anterior.
A través do Plan
Concellos 2019, a Deputación pon a disposición dos 59 municipios da provincia
de menos de 50.000 habitantes un total de case 43,5 millóns de euros, o que
supón un 3,3% máis que en 2018. Para a Liña 1 -Investimentos- destínanse un
total de 30 millóns de euros, para a liña 2 -amortización, pago de débedas e
gastos correntes- van un total de 3,9 millóns de euros e para a liña 3
-Emprego- achéganse 9,5 millóns de euros. Departamento de comunicación