O Esmorga Fest,
a cita que reunirá a todos os amantes da música indie e underground o 15 e 16
de marzo de 2019 en Sarria (Lugo) presenta o seu cartel definitivo con máis incorporacións
ás xa adiantadas hai unhas semanas. O festival, que conta co selo de calidade
de SON Estrella Galicia que cumpre o seu 10º aniversario, incorpora a Voltaica,
El Lado Oscuro de la Broca, Amor Germanio, Ladrillo y Mujer, Seda, Dûrga, Pálida,
PV3000 e Don Gonzalo.
Súmanse, desde
xeito, a Lagartija Nick, Toundra, Tuya, Carolina Durante, Sierra, Bestia Bebe,
Sierra, Za!, Apartamentos Acapulco, Ànteros e Perro nun cartel que deixa sen
alento e co que celebran o quinto aniversario dunha festa que se consolidou como
unha referencia no calendario festivaleiro estatal.
Para ir
quecendo motores, o sábado 23 de febreiro terá lugar o “Guateque de
presentación do Esmorga Fest” no Mercado Street Food de Lugo cos concertos das
bandas Berta Franklin e Thee Blind Crows.
As entradas pódense
mercar a prezo de anticipada a través da súa páxina web e
mais en dous locais de Sarria: Adarve e Xarope. Departamento de comunicación