El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

FITUR | GALICIA

Galicia abre as portas aos visitantes de Fitur

26-01-2019 11:38:28
Galicia, en Fitur.

Madrid | Patrocinado por IdoVisual |  A actividade promocional de Galicia na Feira Internacional de Turismo Fitur continúa durante toda esta fin de semana. Despois de tres días de intensa actividade profesional con máis de 40 actos de presentación de destinos e novidades turísticas, hoxe sábado e mañá domingo o público xeral que se achegue a Fitur poderá coñecer ao completo a oferta turística galega para este 2019.

O expositor de Galicia mantén abertas as súas portas para amosar o mellor de si mesma a través de diversas actividades coa enogastronomía, a artesanía, o Camiño de Santiago e a música e o teatro galegos como protagonistas. Os visitantes poden recibir no expositor, e como novidade este ano, información específica dos cascos históricos de Galicia, das opcións de turismo de mergullo, así como dos establecementos Q de Calidade, da Ruta Xacobea, da natureza, gastronomía, festas, experiencias, da Cidade da Cultura de Galicia, das catro provincias cos seus correspondentes xeodestinos, das sete cidades, do mundo náutico e dos produtos do Clúster Turismo de Galicia, entre outros.


Photocall do Camiño 

Ademais, os visitantes de Fitur poderán participar no expositor de Comunidade galega durante toda a fin de semana en diferentes catas comentadas das cinco denominacións de orixe vitivinícolas, así como de exhibicións de Artesanía de Galicia que este ano inclúen como novidade unha mostra en vivo dun obradoiro de xoiería.

Tamén se levarán a cabo diferentes actividades culturais de raíz galega que incluirán actuacións de baile, canto e actuacións con instrumentos musicais tradicionais, así como espectáculos teatralizados. A proposta galega da fin de semana en Fitur complétaa un photocall do Camiño de Santiago. O expositor de Galicia está situado no pavillón 9, ocupando as parcelas 9C07 e 9C09. O horario de acceso ao recinto é de 10,00 a 20,00 horas o sábado, e de 10,00 a 18,00 horas o domingo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias