El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

CASO ALCOA

O comité de Alcoa na Coruña pide un estatuto para as electrointensivas que non sexa "un parche"

01-02-2019 15:51:33
O comité de empresa de Alcoa.

A Coruña | O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado provincial e portavoz do Grupo Socialista, Bernardo Fernández, reuníronse hoxe na sede da institución provincial co comité de empresa de Alcoa.  

Ao remate da reunión, González Formoso reiterou o apoio da Deputación ás demandas dos traballadores e manifestou o seu desexo de que o estatuto que prepara o Goberno para apoiar á industria electrointensiva “saia canto antes non sexa un simple parche para uns meses, senón que permita que Alcoa e todas as empresas que dependen do consumo eléctrico podan ter unhas condicións que lles permitan manterse competitivas e garantir o seu futuro”. O presidente provincial confirmou que nas pasadas semanas mantivo diversas conversacións con altos responsables do Ministerio e que lle consta que “están apurando a redacción deste estatuto”.
 
Pola súa banda, o presidente do comité de empresa de Alcoa A Coruña, Juan Carlos López Corbacho, afirmou que o a plantilla demanda “un estatuto para as empresas electrointensivas en condicións que, como dicía o presidente, non pode ser un parche, senón unha solución que cree un escenario atractivo para un posible inversor”.
 
“Ten que haber unha tarifa transparente e predecible para unha industria como a nosa, que non deixe excusas para que non se invista nas plantas”, afirmou López Corbacho, que apuntou que “na comarca existen máis empresa” afectadas polo que “necesitamos que todo o mundo se implique na busca dunha solución”.
 

Reunión o día 5 en Madrid  

López Corbacho afirmou que “o Ministerio fixo unha proposta pública para que as empresas electrointensivas acheguen as súas propostas para ese estatuto e nos consta que están traballando xa nesa regulación” e avanzou que os traballadores “estaremos o día 5 en Madrid co Ministerio, a Xunta de Galicia e o Principado de Asturias para buscar solución para as plantas da Coruña e Avilés e “falaremos sobre esta regulación que se está empezando a coser”.  
“É moi pronto para falar, pero por primeira vez os traballadores imos estar sentados nesa mesa e discuitir cal é a mellor solución para o futuro planta, o cal nós valoramos”, afirmou o representante dos traballadores de Alcoa.
 

Mobilización mañá en Vigo  

O presidente do comité de empresa avanzou que mañá se mobilizarán en Vigo “pola falta de políticas de protección á industria”. “Non pode ser que non nos permitan fabricar en determinadas condicións, pero se permita a entrada no país de productos fabricados nas condicións que a nós nos prohíben”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias