Lugo | O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou hoxe nun
encontro coa cidadanía en Lugo coa presenza da vicepresidenta do
goberno, Carmen Calvo, maila alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o
secretario provincial do PSOE, Álvaro Santos. Dende alí, aludiu ás
enquisas que se van publicando nos xornais para avanzar que “a derrota
do PP nas eleccións xerais vai ser épica”.
Ademais,
Gonzalo Caballero fixo fincapé en que tamén en Galicia a caída dos
populares será “histórica”, o que vaticina “un cambio de ciclo
político”. “A expectativa de voto ao PP en Galicia está por debaixo de
calquera nivel en calquera das eleccións xerais dende o ano 82”,
subliñou, para incidir no “retroceso” do partido de Feijóo e no
“crecemento” do PSdeG.
De feito, o líder dos socialistas
galegos relacionou este feito con que “a dereita estase quedando sen o
espazo que viña ocupando” pola súa decisión de “abandonar ao electorado
moderado e centrista” para “pactar coa ultradereita”.
Fronte
a isto, Gonzalo Caballero expuxo que “o avance” que está protagonizando
o goberno de Pedro Sánchez permitirá “encarar as eleccións con toda a
forza” para seguir levando adiante unha axenda “progresista, de
prioridade social e de avance das liberdades”. “Un goberno para a
maioría”, apostilou.
É por iso que o máximo dirixente do
PSdeG deu por feito que o próximo 28 de abril haberá “unha mobilización
moi importante” da cidadanía para amosar que “non quere que a dereita e
a ultradereita traian o retroceso”, senón que queren seguir mellorando
“o futuro de España”.
"Nadie nos va a devolver a la casilla de salida"
Pola
súa banda, a vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, puxo en valor “la
tarea al servicio de España, y en tiempo record” posta en marcha polo
goberno e que en Galicia supuxo inversións tan importantes como a
construción de cinco fragatas en Ferrol por máis de 4.300 millóns de
euros ou o proxecto de mellora das infraestruturas do corredor
atlántico. “Sabemos gobernar con 200 escaños y con 84”, proclamou.
A
continuación, Carmen Calvo advertiu a Ciudadanos de que a súa decisión
de “poner un cordón sanitario” ao PSOE e apostar pola ultradereita “les
va a costar muy caro en las urnas”. “Estamos en Europa, y Ciudadanos aún
no se ha enterado”, subliñou.
E, á vista de que as políticas dos tres partidos da dereita e
ultradereita pretenden retrotraer España a “hace 40 años”, deixou claro
que “nadie nos va a devolver a la casilla de salida”.
“Ni
siquiera la España de la Plaza de Colón”, engadiu a vicepresidenta,
consciente do “esfuerzo” que supuxo “anclar en España el estado del
bienestar, respetarnos en nuestra diversidad ideológica, construir una
España autonómica…”.
"O Goberno da dignidade"
Pola
súa banda, o secretario provincial do PSOE en Lugo, Álvaro Santos, puxo
en valor a “dignidade” do goberno que encabeza Pedro Sánchez, ao tempo
que avanzou un éxito electoral que permitirá a continuidade da política
social que está poñendo en marcha máis alá do 28 de abril. Do
mesmo xeito, Álvaro Santos pronosticou a vitoria de Lara Méndez nas
vindeiras eleccións municipais para seguir sendo alcaldesa de Lugo.
Finalmente,
a rexedora censurou o “ninguneo” e o “esquecemento” de Feijóo á cidade,
mentres o seu candidato á alcaldía “aposta claramente por Vox”. Ambas
cuestións, sinalou, “custaranlle votos” ao PP tanto nas xerais como nas
municipais.
Por iso, avogou por traballar por un cambio
de ciclo que, con Gonzalo Caballero á fronte, converta á Xunta “nunha
aliada” dos intereses da cidade de Lugo. Departamento de comunicación