Santiago | O egresado da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela José Manuel Busto
Leis, orixinario de Barro (Pontevedra), acadou o número 1 do exame MIR 2019, segundo os resultados
provisionais que hoxe publica o Ministerio.
Na proba, Busto Leis obtivo unha puntuación de 93,1034 que, cun baremo de 3,3654 a total foi
de 101,9231.
FIR 2019
Tamén na convocatoria FIR deste ano destaca a Universidade de Santiago, que sitúa
entre os dez primeiros postos un total de dous egresados. Así, Manuel Busto Iglesias (Cambados)
quedou en cuarta posición, mentres que Alejandro Martínez Pradeda (Poio) conseguiu o oitavo posto.
Os resultados serán provisionais ata o próximo 21 de marzo, cando se coñecerán os
definitivos. Xa o 22 de abril celebrarase o acto de asignación de prazas de Interno Residente de
cada unha das convocatorias. Departamento de comunicación