O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, presidiu hoxe unha
xuntanza de traballo cunha trintena de organizacións vinculadas á
pobreza e á infancia en compañía do alto comisionado para a loita contra
a pobreza infantil, Pau Marí Klose, para poñer en valor o compromiso do
goberno socialista “nunha cuestión de país”.
“Preocúpanos
especialmente, porque a recuperación económica non ten solucionado os
problemas de desigualdade”, subliñou o líder dos socialistas galegos,
quen destacou que “o reto que move a nosa acción política” é “a loita
pola igualdade de oportunidades e a construción dunha sociedade
igualitaria”.
Por iso, dende a óptica de que é necesario
“facer unha sociedade máis xusta”, o PSdeG organizou hoxe unha xornada
na que “estudar as dinámicas específicas” da pobreza infantil en
Galicia. “Os datos amosan que un de cada catro nenos está en situación
de risco”, recalcou Gonzalo Caballero, para quen “a importancia” desta
cuestión implica situar o tema “na axenda política”.
E,
fronte ao compromiso do goberno que encabeza Pedro Sánchez, o secretario
xeral do PSdeG lamentou que o PP non apoiase uns orzamentos estatais
que tiñan “un compromiso” coa loita contra a pobreza infantil, entre
outras cuestións de prioridade social. “O PP fallou”, sentenciou.
Así
mesmo, Gonzalo Caballero instou a Feijóo a “recoñecer o traballo” do
executivo socialista neste senso, “un feito diferencial” co que ocorría
cando o PP gobernaba o país. “Feijóo debería recoñecer o traballo do
alto comisionado, cunha axenda transversal enfocada a que ningún neno
vexa lastradas as súas posibilidades de desenvolvemento futuro”,
concluíu.
"Invertir más y mejor"
Pola súa
banda, o alto comisionado explicou que o drama da pobreza infantil era
“una asignatura que llevaba mucho tiempo sin abordarse” e na que “nos
jugamos muchísimo” tanto “en términos de justicia social” como de
“igualdad de oportunidades”.
Ademais, indicou que o
último informe da UE sobre o investimento de España para loitar contra a
pobreza infantil reclamaba “invertir más y mejor” na protección da
infancia, porque “se invertía poco y eso tiene consecuencias” en eidos
como o fracaso escolar ou a obesidade infantil.
Por
tanto, incidiu Pau Marí Klose, “la sociedad en su conjunto tiene que
asumir esto” e implicarse, motivo polo cal a semana pasada o presidente
do goberno mantivo tamén un encontro con empresas que “ya expresaron su
voluntad de incorporarse a esta alianza de país contra la pobreza
infantil". Departamento de comunicación