Galicia contará a partir de setembro co primeiro Curso de
Especialista Universitario en 5G, grazas a un convenio asinado hoxe
pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
(Amtega), Mar Pereira; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín
Reigosa; e o director-xerente de Retegal, Miguel Rodríguez, nun acto que
contou coa presenza do delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.
O
programa formativo, enmarcado no Plan Galicia 5G da Xunta, está
orientado a ofrecer diferentes perfís profesionais do sector tecnolóxico
capacitación especializada e adaptada ás necesidades derivadas da
futura extensión da tecnoloxía 5G.
O curso, que comezará en
setembro, está estruturado en cinco módulos e un proxecto fin de curso.
Máis de 200 horas lectivas, que cursadas na súa totalidade outorgarán o
título de “Especialista en Tecnoloxías Celulares de Quinta Xeración
(5G)” ás persoas cun título de grao ou unha enxeñaría no ámbito das TIC.
Os
profesionais do sector cun mínimo de tres anos de experiencia e
estudantes de grao que superaran o 75% dos créditos poderán acceder a un
ou varios módulos do programa baixo a fórmula de Cursos
Complementarios.
O Curso de Especialista será impartido tanto por
docentes da universidade como por expertos de multinacionais de
telecomunicacións e fabricantes de tecnoloxías.
Plan Galicia 5G
Coa
sinatura deste acordo a Universidade de Vigo, formaliza a súa adhesión
ao Nodo de Cooperación 5G, un punto de encontro entre desenvolvedores e
demandantes de solucións desta tecnoloxía para actuar como concentrador
dos retos derivados das demandas do mercado e as capacidades das
empresas do ecosistema 5G de Galicia. En novembro formalizábase a
adhesión ao nodo os operadores Vodafone, Orange e Telefónica e están
prevista novas adhesións nas vindeiras semana.
O Nodo de Cooperación 5G é unha das medidas do Plan 5G Galicia. A
Comunidade foi a primeira do Estado en poñer en marcha un plan para
situarse como territorio preferente na pilotaxe de solucións innovadoras
baseadas en 5G e facilitar que o desenvolvemento e a innovación
tecnolóxica en equipamento e software necesaria para desenvolver
posibles casos de uso localícese na Comunidade.
O Plan Galicia 5G,
elaborado pola Amtega, arrincaba o pasado mes de xullo concibido como
unha medida complementaria ás impulsadas pola Unión Europea e o Estado.
Tras a posta en marcha do Nodo, a segunda medida é o Plan formativo
presentado hoxe para que o ecosistema 5G dispoña de capital humano coas
capacidades adecuadas e que o coñecemento das oportunidades que xorden
ao redor das 5G sexa accesible a diversos sectores profesionais.
Ademais,
o Plan prevé a elaboración dun modelo de ordenanza municipal tipo,
promovido pola Xunta e a FEGAMP que facilite os despregamentos e a
creación dun Plan de Formación Especializada 5G en colaboración coas
Universidades e os axentes do ecosistema 5G.