El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

PAZO DE MEIRÁS

Os "19 de Meirás" esixen ao Goberno que presente a demanda para recuperar o Pazo de Meirás

27-02-2019 18:11:52
O colectivo 19 de Meirás.

A simbólica sede da Asociación Cultural Alexandre Bóveda foi o lugar escollido hoxe polo colectivo “19 de Meirás” para realizar unha rolda de prensa na que lanzaron a mensaxe ao goberno do Estado a través da cal exixen a Pedro Sánchez “que presente inmediatamente a demanda civil necesaria para que se poidan iniciar os trámites pertinentes para que o Pazo de Meirás poida ser devolto ao patrimonio público galego”.

Os integrantes dos 19 de Meiras, que están denunciadas pola familia e a Fundación Franco por unha acción simbólica e pacífica realizada en agosto do 2017 no Pazo de Meirás, sosteñen que “non é concevíbel que o goberno do Estado non teña interposto esta demanda civil aínda” sinalou Néstor Rego, voceiro do colectivo. Os denunciados pola familia e a Fundación Franco lembran que “o goberno do Estado ten toda a información e documentación, suficiente e necesaria, ara non ter dúbidas en presentar esta demanda civil, pois o propio Parlamento galego acordou por unanimidade trasladar ao goberno do Estado esta exixencia de devolución do Pazo para o patrimonio público galego, ao igual que fixo tamén a Xunta Pro-devolución do Pazo de Meirás da Deputación da Coruña” explicou Rego.

“Mentras esta demanda civil non se presenta, os Franco campan coa impunidade ás súas anchas, non hai mais que comprobalo coa demanda que veñen de interpor contra o historiador Carlos Babío polas súas investigacións a respecto do expolio franquista. Aproveitamos para trasladar toda a nosa solidariedade con este compañeiro” expresou Néstor Rego.

Desde os 19 de Meirás anuncian que se esta demanda civil non se presenta, “poremos en marcha medidas de presión social” explicaron e, engadiron, “para comezar poremos xa en marcha unha recollida de sinaturas, tanto na rúa como a través das redes, mediante a plataforma Change.org, para recoller e visualizar o clamor social e o consenso que existe na sociedade galega en torno á reclamación da devolución do Pazo de Meirás” sinalaron.

“É necesario e é posíbel que o Pazo pase a ser patrimonio público, só é cuestión de vontade política. Esta é unha esixencia democrática e que honraría a memoria dos milleiros de galegos e galegas que foron asasinadas polo franquismo” concluíu Néstor Rego. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias