El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

PREMIOS MESTRE MATEO

O audiovisual galego entrega os seus premios

02-03-2019 16:16:20

Televisión de Galicia acudirá este sábado aos Premios Mestre Mateo cun total de 75 candidaturas. Desde o Pazo da Ópera da Coruña, a Galega ofrecerá, a partir das 22.00 horas, en directo, este certame, en que a canle pública destaca con 16 producións finalistas. Camila Bossa, David Amor, Xúlio Abonjo, Fernando Epelde e Carolina Iglesias, dirixidos por Sonia Méndez, presentarán esta gala, en que guiarán os espectadores a través dunha viaxe temporal polo audiovisual galego, cunha estética futurista.
 
Nesta décimo sétima edición dos premios do audiovisual galego, dúas longametraxes participadas pola TVG, ‘A sombra da lei’ e ‘Trote’, parten como grandes favoritas con 15 candidaturas, respectivamente. A maiores, compiten polo Mestre Mateo á mellor película ‘Memorias dun home en pixama’ (3 candidaturas) e ‘Contou Rosalía’ (7), que tamén conta coa participación da canle pública.

Ás dúas longametraxes máis votadas séguenas con maior número de candidaturas: ‘O sabor das margaridas’ (8), ‘Contou Rosalía’ (7), ‘Land Rober Tunai Show’ (4) e ‘Versogramas’ (4), ‘Os Mariachi’ (3), ‘Serramoura’ (3), ‘Malo será!’ (2), ‘Pazo de familia’ (2) e ‘Zigzag fin de semana’ (2), todas elas participadas ou realizadas pola TVG, salvo ‘Memorias dun home en pixama’ (3).

Os apartados de mellor programa (‘Buscadores de naufraxios’, ‘Land Rober Tunai Show’, ‘Malo será!’ e ‘Zigzag fin de semana’) e mellor serie (‘O sabor das margaridas’, ‘Os Mariachi’, ‘Serramoura’ e ‘Viradeira’) son acaparados por espazos da Galega. Ao igual que a categoría de mellor comunicador/a de televisión, en que foron seleccionados catro profesionais da TVG: María Solar, Marta Doviro, Roberto Vilar e Rodrigo Vázquez.

Entre as máis de 400 candidaturas presentadas en 25 categorías, cómpre salientar as candidatas ao mellor actor protagonista (Antonio Durán ‘Morris’, Luís Tosar, Toni Salgado e Xosé A. Touriñán), á mellor actriz de reparto (Adriana Torrebejano, Beatriz Serén, Melania Cruz e Tamara Canosa) e ao mellor actor de reparto (Celso Bugallo, Denis Gómez, Ernesto Alterio e Fede Pérez), xa que se corresponden tamén con producións da Televisión de Galicia.

A maiores destes apartados, as finalistas da Galega copan tamén as categorías de mellor dirección, realización, son, dirección de arte, dirección de fotografía e dirección de produción.

Tamén a Radio Galega ofrecerá, en directo, a gala dos Premios Mestre Mateo, cuxo minuto a minuto se poderá seguir, amais, a través das redes sociais da CRTVG no cancelo #MestreMateo19.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias