El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA

A Xunta activa o Plan de financiamento empresarial de Galicia 2019

21-03-2019 19:04:12

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, adiantou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que o Goberno autonómico vén de activar o Plan de financiamento empresarial de Galicia para 2019 co obxectivo de que ningún proxecto viable se quede sen desenvolver por falta de financiamento. Especialmente no caso das pequenas e medianas empresas de carácter industrial, engadiu.

A través deste plan, que contará cun orzamento de 100 millóns de euros, facilitarase financiamento para 800 proxectos de emprendedores, microempresas e pemes. Ademais, dixo, prevese mobilizar o montante de preto de 300M€ a través de instrumentos financeiros que contribúen á creación de empresas, crecemento das pemes da industria e tamén ao apoio ás actividades de innovación.

O presidente da Xunta sinalou que esta iniciativa será impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e XesGalicia coa colaboración doutras entidades como: o Banco Europeo de Investimentos (BEI), o Instituto de Crédito Oficial (ICO), as sociedades de garantía recíproca Afigal e Sogarpo e a Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación (CESCE).

Sobre este punto, Feijóo pasou a detallar algunha das principais novidades deste plan que se puxo en marcha por primeira vez no ano 2014. Entre elas atópase o novo programa de préstamos para o financiamento de proxectos estratéxicos destinado a iniciativas de entre 1,5 e 10 millóns, cunha dotación de 16,5 millóns.

Tamén a incorporación dunha liña destinada ao turismo, IFI Tur, e dunha liña de avais que para esta convocatoria terá unha ampliación do límite da operación financeira, dos 500.000 euros ata 1 millón.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias