A Dirección Xeral de Emerxencias e
Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar para o martes a alerta
laranxa rachas de vento leste forte de forza 8. Trátase dun
fenómeno meteorolóxico costeiro adverso, segundo informa a Axencia
Estatal de Meteoroloxía (Aemet), que dará comezo ás 9:00 de mañá e
afectará o noroeste da provincia da Coruña.
Por este motivo, e co
fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de
Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias
112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincia afectada; á
Deputación, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de
Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.
Deste xeito,
agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade
dos bens e das persoas. Debido ao temporal costeiro, recoméndase
evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual
golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles
caídas de obxectos desde balcóns e fiestras.
Permanecer lonxe da costa,
praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos ou todas aquelas
zonas que podan ser varridas polo mar. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.