O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe un
novo paso para mellorar a atención ás vítimas de violencia de xénero,
cun servizo de garda psicolóxica especializada e permanente para as
mulleres que a sofren e para os fillos e fillas menores.
Na rolda
de prensa do Consello, Feijóo precisou que este novo convenio de
colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia contará cunha
achega de 350.000 euros, consolidando así un programa que se concibiu a
finais de 2018, cun importe inicial de 30.000 euros. Esta medida
activarase cunha chamada ao teléfono de información ás mulleres: 900 400
273, que pode ser realizada -24 horas, 365 días ao ano- pola propia
vítima ou polas forzas e corpos de seguridade do Estado. Desde este
teléfono poñeranse en contacto coa persoa da quenda de garda
correspondente para garantir a presenza inmediata dun psicólogo ou
psicóloga no lugar sinalado polas forzas e corpos de seguridade do
Estado.
Ademais deste convenio, recollido no Plan de actuación
para a implantación na Comunidade das medidas do Pacto de Estado contra a
Violencia de Xénero para garantir o dereito á asistencia social
integral, o responsable do Goberno galego destacou a aprobación íntegra
do plan, que inclúe 61 medidas centradas en mellorar a resposta que se
dá ás vítimas, tanto no eido da prevención como en relación á
sensibilización, á asistencia e á protección aos menores. O presidente
da Xunta detallou que 24 iniciativas reforzan medidas xa existentes e
que están en funcionamento e 37 son medidas novas.
Dentro das
medidas consideradas prioritarias, Feijóo destacou o apoio psicolóxico e
social inmediato; o reforzo da rede de acollemento; iniciativas de
axuda ao alugueiro; o apoio á inserción laboral ou o reforzo da
formación das persoas profesionais.
O titular da Xunta resaltou,
tamén, a posta en marcha de novas liñas de axudas a concellos,
asociacións de mulleres, asociacións de pais e nais do alumnado e axudas
aos clubs de base para o desenvolvemento de campañas específicas en
espazos deportivos. Así mesmo, realizaranse campañas especificamente
dirixidas á mocidade e ás mulleres do rural; poñeranse en marcha
programas de prevención da violencia de xénero nas actividades de
dinamización das bibliotecas municipais e da rede pública; e o
voluntariado xuvenil incorporará unha nova liña específica de prevención
e sensibilización en violencia de xénero. “E colaboraremos coas tres
universidades galegas mediante as súas oficinas de igualdade e coas
Federacións galegas de deportes para difundir as campañas nos
equipamentos do colectivo arbitral”, engadiu.
No eido da asistencia e protección ás vítimas, Feijóo destacou novas
medidas como “o apoio aos menores orfos e ás vítimas gravemente feridas;
a inclusión de traballadores e traballadoras sociais nas 7 Oficinas de
Atención a Vítimas nos xulgados; e programas de fomento de contratación a
vítimas de violencia de xénero”.
Por último, e dentro das
iniciativas xa implantadas, o presidente do Goberno galego aseverou que
se reforzará, ademais da quenda de garda psicolóxica: os contratos
programa e vías de colaboración con centros educativos; a rede de
acollemento para vítimas e os seus fillos e fillas e a extensión do bono
de alugueiro a todas as vítimas no programa de alugueiro, entre outras.