El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

GALICIA | VIOLENCIA DE XÉNERO

A Xunta confirma que disporá de 8 millóns do Pacto de Estado

03-04-2019 20:17:51
Conferencia Sectorial de Igualdade.

A Xunta de Galicia contará en 2019 con case 16 millóns de euros dentro do marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Trátanse de 7,9 millóns de euros correspondentes ao exercicio 2019, máis os fondos transferidos en 2018, que acadan 8 millóns de euros. Así foi trasladado ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, no marco da Conferencia Sectorial de Igualdade, que tivo lugar hoxe no Ministerio da Presidencia, Relaciones coas Cortes e Igualdade. O vicepresidente destacou o clima de consenso existente na xuntanza e espera que este trasládese a Galicia.

Alfonso Rueda, destacou a importancia deste tipo de reunións para poñer en común estratexias, prioridades e accións, así como reforzar as actuacións que leva a cabo cada Comunidade. Ademais, incidiu na necesidade do traballo conxunto entre as distintas autonomías, cun único obxectivo que é a erradicación da violencia de xénero.Galicia é a única Comunidade que prevé axudas económicas directas ás vítimas, axudas que supuxeron dende o ano 2009 máis de 27 millóns de euros e 4.000 beneficiarias.

Galicia conta ademais cunha Rede de Información ás Mulleres, Centros de acollida, emerxencia e recuperación integral así como asistencia psicolóxica integral para todas as mulleres vítimas e para as súas fillas e fillos. 


Programas e servizos de asistencia social integral a vítimas da violencia de xénero  

No marco da Conferencia Sectorial de Igualdade estableceuse tamén, como se ven facendo ano tras ano, o reparto do crédito por parte do Estado ás Comunidades Autónomas. A Xunta percibirá do Estado 513.000 euros, dos cales 340.502 euros serán parar programas de asistencia social integral, 63.572 euros para a mellora da coordinación e desenvolvemento de plans persoalizados e 109.719 euros para programas de apoio ás vítimas de agresións e/ou abusos sexuais.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias