O presidente da Xunta, Alberto Núñez
Feijóo, anunciou hoxe que a nova edición do Galicia Emprende contará
cunha achega de 9 millóns de euros, un 28% máis que na pasada edición,
para apoiar 200 proxectos de autónomos e emprendedores, que mobilizarán
investimentos por valor de 24 millóns de euros e cunha previsión de
creación ou mantemento de 700 postos de traballo.
Feijóo destacou
que o Galicia Emprende ten como obxectivo “favorecer a creación de novas
empresas e consolidar proxectos que leven menos de 42 meses
funcionando, que é cando máis se necesita”. Así, salientou que o importe
dos investimentos apoiados oscilará entre os 25.000 e os 500.000 euros,
e fixo unha comparativa das dúas convocatorias do Galicia Emprende:
este ano achéganse 9 millóns en lugar dos 7 millóns do ano pasado; chegarase a 200
proxectos, mentres que no 2018 foron 159; mobilizaranse 2M€ mentres que
na anterior foron 16 millóns, e crearanse 700 postos de traballo, 313 máis
que na primeira convocatoria.
O presidente da Xunta recordou que a
Xunta de Galicia conta cunha serie de ferramentas para as pequenas
empresas e para as empresas que acaban de constituírse que teñen unha
idade de menos de 3 anos e medio ou que queiran constituír unha empresa
nova: a plataforma StartIN Galicia, que ofrece un apoio integral a todos
os proxectos que nadas das incubadoras, os préstamos directos da liña
de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIs) e os préstamos
participativos ou capital risco a través do Fondo Galicia Iniciativas
Emprendedoras.
Para concluír, Feijóo puxo como exemplo de éxito
algúns dos proxectos de anteriores edicións do Galicia Emprende.
Destacou o caso dun taller mecánico situado no polígono Industrial das
Gándaras (Lugo), que investiu medio millón de euros mantendo 6 postos de
traballo e creando outro; unha escola hípica en Gondomar, cun
investimento de 361.000 euros e a creación de 10 empregos; unha adega de
Ribadumia, cunha inversión de 270.000 euros e creación de 10 postos de
traballo; un restaurante de cinco garfos de produto de mar fresco na
Marina da cidade da Coruña, cun investimento de 400.000 euros e 7 empregos;
ou un taller mecánico en Pontevedra promovido por dous emprendedores e
que tivo un investimentos de 290.000 euros e creou dous postos de traballo.