A
portavoz nacional do BNG Ana Pontón instou hoxe á mocidade galega a
ser “o motor do cambio que Galiza precisa, un motor do cambio para
ter voz propia e atender as necesidades do país, da man do BNG no
Congreso”. Pontón fixo estas declaracións en Pontevedra,
acompañada da cabeza de lista ao Congreso pola provincia, Carme da
Silva, nun acto con xente moza do colectivo Galiza Nova no que
puxeron en común as políticas do BNG e “propostas, inquedanzas e
soños” de cara aos vindeiros procesos electorais coa mirada posta
nas eleccións xerais do 28 de abril.
Pontón
animou aos mozos e mozas do país a mirar cara o futuro con ilusión
e subliñou que este non é “o momento do medo nin da política do
mal menor”, senón o momento de implicarse, confiar nas
potencialidades do país, e de apostar por políticas que desenvolvan
os recursos propios para xerar riqueza e emprego sen ter que emigrar.
“Se Galiza recupera a voz propia en Madrid o vindeiro 28 de abril,
se o BNG está no Congreso, iso significará unha aposta de futuro
para cambiar un guión que outros están a escribir pola mocidade de
hoxe”, dixo Pontón, quen argumentou que ver como os mozos e mozas
miran con desesperanza ao futuro é o peor balanzo que pode ter
calquera sociedade e goberno.
O
compromiso do BNG, dixo Pontón, “é un compromiso coa mocidade”
que servirá para que se derrogue a LOMCE e para rematar coas
contrarreformas laborais que precarizan o emprego e que fan que a
xente do país marche da súa terra. Destacou que Galiza é un país
de riqueza e capacidade que dá moito máis de si pero que necesita
que o Estado centralista non poña “paus nas rodas” ao seu
desenvolvemento económico.
Concerto
económico e tarifa eléctrica propia
Como
medidas a defender no Congreso dos deputados, Pontón sinalou que a
mellor política de emprego para Galiza é un concerto económico
propio que permita dispor de 3.500 millóns de euros anuais para
investir na creación de máis postos na administración pública,
na educación, na sanidade, e tamén na dinamización económica e na
creación de emprego.
Pontón
destacou que Galiza sofre a marcha e deslocalización de empresas sen
aplicar medidas para frear a situación. Puxo sobre a mesa a proposta
do BNG de creación dunha tarifa eléctrica galega para que a luz
sexa máis barata no país, o que serviría para reducir os custes
das empresas e tamén para loitar contra a pobreza enerxética.
“Sería un incentivo para a instalación de empresas en Galiza máis
importante que calquera rebaixa fiscal que puidera plantexar calquera
goberno”, dixo, para engadir que dende Madrid PP, PSOE e tamén
Podemos e En Marea vetan continuamente propostas que son beneficiosas
para a reactivación económica de Galiza.
“Galiza
non pode ser o modelo da precariedade e do low cost, nin a nosa
mocidade a máis precaria de toda Europa. Temos que apostar pola
innovación, polo talento, a creatividade e poñer en marcha o
potencial da mocidade e apostar polos sectores produtivos propios.
Esa é a clave do cambio para deixar atrás a desesperanza da
mocidade”, subliñou.
Pola
súa banda, a cabeza de lista por Pontevedra para as eleccións
xerais, Carme da Silva, asegurou que a mensaxe do BNG está a callar
na sociedade galega, que reivindica unha voz propia en Madrid para
decidir nas políticas do Estado e nos investimentos que recibe o
país. “Cada vez son máis as persoas que nos fan sentir que
estamos lanzadas, que desta vai, e que a partir do 28 de abril o
Bloque Nacionalista Galego vai ter representación no Congreso dos
Deputados”, dixo.
Da
Silva asegurou que a voz do BNG é moi necesaria para que realmente
se teñan en conta os problemas do país, “que son innumerables e
que teñen solución se hai vontade política de resolvelos”. “Ten
solución poder pescar, ten solución a seguranza viaria, ten
solución a transferencia da AP-9, ten solución a tarifa eléctrica,
teñen solución moitas cousas que habendo vontade política se poden
resolver. Pero para iso fai falta que Galiza teña capacidade de
decisión e a única forza que ten demostrado defender a Galiza en
Madrid é o BNG”, finalizou. Departamento de comunicación