A Consellería do Medio Rural permitirá de
novo desde o luns 8 tramitar permisos para facer
queimas de acordo coa normativa de aplicación, xa que as actuais
condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o día 10
será o primeiro día no que se poderán realizar queimas previamente
comunicadas.
Polo tanto, a partir de mañá ás 00.00 horas poderanse
realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a
través da web da
Consellería do Medio Rural de acordo co establecido no artigo 34 da Lei
3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios
forestais de Galicia.
Ademais, en días laborables, tamén estará a
disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas. Así,
os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas
que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán
comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais
amoreados, deberase solicitar unha autorización, xa que o proceso de
tramitación é maior. En todo caso, lembramos que as autorizacións e
comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas
temperaturas.