O 97,48% do alumnado que solicitou praza en 4º de educación infantil
– 3 anos- nos centros educativos sostidos con fondos públicos nas 4
provincias galegas para o vindeiro ano académico 2019/20 obtívoa no
colexio escollido como primeira opción, segundo os datos compilados.
Este ano recibíronse en toda Galicia un total de 18.077 solicitudes para
ese curso, 471 menos ca no anterior; polo que resulta suficiente a
oferta de prazas deste curso de infantil, 27.332 postos escolares.
Dentro
do mencionado colectivo de alumnado de 3 anos, tan só un 2,52 % non
acadou unha praza no centro de primeira escolla. Para esta pequena
porcentaxe, as prazas serán asignadas pola comisión de escolarización de
cada zona, atendendo aos seguintes centros da preferencia marcada na
solicitude de admisión.