O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou hoxe
nunha comida-mitin xunto co presidente do goberno, Pedro Sánchez, en
Ourense, dende onde chamou a “non confiarse nin un minuto” porque a
alternativa pasa por “unha dereita e unha ultradereita con propostas
disparatadas”.
“Cando a dereita di que quere pactar cunha
forza política que difunde mensaxes xenófobas, que propón utilizar
armas… Claro que nos preocupa!”, recalcou Gonzalo Caballero, ao tempo
que esixiu a Pablo Casado que faga “rectificar e desculparse” ao seu
candidato por Huelva ao Congreso. “Os límites e a dignidade están por
riba das paixóns sen cerebro”, advertiu.
Ante este
panorama, o líder dos socialistas galegos apelou a unha mobilización
masiva que manteña a Pedro Sánchez a fronte do goberno porque, aínda que
“parece que as cousas van moi ben, temos que estar alerta”. “Por un
voto decídense unhas eleccións”, remarcou, consciente de que o 28 de
abril dirímese entre “avance” ou “retroceso”.
“Nós temos
un proxecto de país no que cabemos todos, centrado na loita contra a
desigualdade, no que cabe a diversidade da cidadanía e dos pobos de
España, que combina o compromiso constitucional e co estado de dereito
coa vontade de diálogo e de acadar solucións”, explicou Gonzalo
Caballero, crítico cunha dereita e unha ultradereita que “abandonou
calquera perspectiva de equilibrio”.
"Xogámonos moito"
Por
iso, o máximo dirixente do PSdeG fixo fincapé en que 0 28 de abril
“xogámonos moito” e sinalou como “a mellor mostra de compromiso cos
avances sociais e de dicir que non aos recortes de Feijóo é votar ao
PSOE de Pedro Sánchez”.
“O balance dos 10 anos de Feijóo é
nefasto: uns servizos públicos con menos calidade e prestacións; unha
sanidade pública ferida e na UVI, con menos persoal e menos camas que
cando chegou, menos pediatras…”, enumerou Gonzalo Caballero, consciente
de que “non se pode consentir esta política privatizadora” do público.
Pedro Sánchez
Así
as cousas, Pedro Sánchez comprometeuse a vir a Galicia na campaña
autonómica para situar a Gonzalo Caballero á fronte da Xunta, ao igual
que fará tamén nas vindeiras municipais en distintos puntos da
comunidade. E, seguindo a liña da mobilización de cara ao 28 de abril, o
presidente do goberno e secretario xeral do PSOE recordou que, pese ás
enquisas, o partido socialista gañou en Finlandia “sólo por 6.000
votos”.
“Tenemos una derecha con tres siglas y un único
adversario, nosotros, porque somos los únicos que la pueden frenar”,
enfatizou, para preguntarse “desde cuándo se habla en España de
xenofobia y de uso de armas” o “desde cuándo se cuestiona en nuestro
país la violencia de género o la existencia misma del salario mínimo
interprofesional”.
Por iso, pediu o voto para o PSOE
dende o convencemento de que é importante seguir tomando medidas que
teñan en conta á maioría. Ademais, como destacou Pedro Sánchez, porque o
seu goberno fixo “mucho más por Galicia en 10 meses que el PP en siete
años” con Rajoy al frente.
"Exemplaridade"
A
cabeza de lista ao Congreso por Ourense, Marina Ortega, foi a primeira
en tomar a palabra e o fixo para reivindicar “a exemplaridade” que Pedro
Sánchez devolveu á política, así como o feito de que “deu voz e
solucións ás demandas e problemas que ten a cidadanía”. “Notamos o cambio”, destacou Marina Ortega, tras recordar as medidas e
plans postos en marcha para a xuventude, as persoas que sofren o
desemprego, as persoas con diversidade funcional, os autónomos e os
pensionistas, e avanzou que “continuará” poñendo en marcha actuacións
“para blindar o benestar”.
Pola súa banda, o secretario
provincial do PSOE de Ourense e candidato á alcaldía da capital, Rafael
Rodríguez Villarino, puxo en valor “a esquerda inclusiva e europeísta”
que lidera Pedro Sánchez fronte á “inacción” que caracteriza a forma de
actuar da dereita, que “non quere que cambien as cousas”.
Así
se explica, continuou, que Ourense teña “a renda máis baixa de toda
Galicia, máis persoas cobrando subsidios que cotizando e unha caída de
poboación” que sitúa á provincia “camiño da extinción”. “Pero os tres
partidos da dereita seguen ancorados no discurso de que hai que
resignarse”, lamentou. Departamento de comunicación / PSdeG