El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | OPOSICIÓNS

Máis de 18.000 persoas concorrerán ás oposicións de Educación

20-04-2019 12:00:37

18.700 persoas concorrerán ás oposicións convocadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nos distintos corpos docentes, segundo os datos compilados ao peche do prazo para presentar as solicitudes. Convocáronse 2.064 prazas en 36 especialidades. Do total das prazas desta oferta de emprego público, 1.122 son relativas á taxas de reposición, 666 á estabilización de emprego temporal e 276 son prazas de promoción interna.

O sorteo público dos tribunais terá lugar o día 22 de maio de 2019. Para aquelas persoas que teñan que realizala, a proba de acreditación de coñecemento do galego terá lugar o día 7 de xuño de 2019, ás 18 horas, no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela); mentres que os que teñan que acreditar o seu coñecemento do castelán a proba será tamén o 7 de xuño, ás 17 horas, no mesmo centro educativo.


O procedemento selectivo dará comezo o día 22 de xuño de 2019. O acto de presentación de asistencia obrigatoria para todos os aspirantes celebrarase ese mesmo día ás 9 horas. A maiores, outras 466 persoas inscribíronse nas oposicións para a adquisición dunha nova especialidade, isto é persoas que xa son funcionarios de carreira e desexan ser titulares dunha especialidade máis. A distribución de prazas e persoas inscritas por especialidades





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias