“Cs quere que España sexa o mellor país do mundo para ter unha familia”. Así o asegurou este domingo Marta Rivera tras visitas Padrón.
O plan de Cidadáns para apoiar ás familias vai pasar por “considerar ás familias con dous fillos familias numerosas, con todos os beneficios que iso comporta e unha bonificación fiscal de 1.200 euros”.
Rivera tamén asegurou que queren que os libros de texto sexan gratuítos, e igualar os permisos de maternidade e paternidade.
Marta Rivera estivo este domingo repartindo propaganda electoral por Padrón. Departamento de comunicación / Cs