EUROPA PRESS | Os prazos para as eleccións municipais avanzan no medio do proceso electoral ás Cortes co vencimiento
do prazo para presentar candidaturas na media noite do luns ao martes. A
falta de que se peche o rexistro das xuntas electorais, polo menos unha
vintena de listas que teñen a súa orixe na confluencia competirán entre
si noutros tantos concellos, aínda que hai excepcións significativas
como a da Coruña, Santiago e Vigo. Mentres, só PP presenta en todos os
municipios galegos e o PSOE na "práctica totalidade".
Pola súa banda,
Cidadáns contará cunhas 80 candidaturas -incluídas as cidades-, o que
supón un incremento importante con respecto á vintena de 2015, e o BNG
presenta preto das 250, unha cifra algo lixeiramente inferior á dos
comicios locais pasados, segundo os datos solicitados por Europa Press das distintas formacións políticas. Leer máis