UGT e CC. OO. advirten de que Galicia "xógase moito" este
domingo nas eleccións xerais, en cuestións como a crise que
afecta a varias industrias e empresas na comunidade, polo que chamaron a
mobilizarse tanto ese día como o vindeiro mércores, Primeiro de Maio,
día internacional dos traballadores.
Ese día, ambos os sindicatos
poñerán sobre a mesa o seu decálogo "imprescindible" de reivindicacións,
con varias manifestacións, das cales a central será a que parta ás
12:00 horas da praza da Palloza, na coruña. Ler máis