El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA | AXUDAS PAC

A Xunta amplía ata o vindeiro día sete de maio o prazo para solicitar as axudas da PAC

24-04-2019 16:52:14
Axudas da PAC.

A Consellería do Medio Rural amplía o prazo para a presentación en Galicia da solicitude única de axudas da Política Agrícola Común (PAC) ata o vindeiro sete de maio, incluído ese día. Esta medida adóptase para facilitar o traballo e as xestións das entidades colaboradoras que están a tramitar estas axudas, de forma que teñan máis marxe para atender as solicitudes de preto de 30.000 agricultores e gandeiros.

O prazo inicial para presentar ditas solicitudes remataba o vindeiro martes 30, e con esta medida amplíase unha semana máis. O pasado 31 de xaneiro saía publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) a correspondente orde da Consellería do Medio Rural pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, no marco da PAC.

Do orzamento previsto para esta convocatoria 2019-2020, o 80% correspóndese aos pagamentos directos da PAC e o resto ás medidas de desenvolvemento rural (axudas a zonas con limitación naturais, agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e para o mantemento de plantacións forestais en terras non agrícolas).





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias