El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA

As estradas autonómicas rexistraron en 2018 unha intensidade media diaria de 3.097 vehículos

27-04-2019 13:18:41
Tráfico nas estradas autonómicas.

As estradas de titularidade autonómica rexistraron en 2018 unha intensidade media diaria de 3.097 vehículos, un 2,2 % máis que no exercicio anterior. Así o expón a Memoria de Tráfico que elabora anualmente a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e que se publicará nos vindeiros días.

A intensidade media diaria (IMD) de vehículos superou ao valor autonómico nas vías das provincias de Pontevedra, con 4.408 vehículos ao día, e da Coruña, con 4.288. Por debaixo da IMD galega atópase o tráfico nas estradas de Ourense, con 1.642 vehículos ao día, e o de Lugo, con 1.582.Do tráfico rexistrado polas estacións de aforo durante o 2018, o 7,5 % correspondeuse con vehículos pesados, un valor similar ao ano pasado. As porcentaxes máis elevadas rexistráronse en Lugo e Ourense, co 10,5 % e o 7,6 % respectivamente.

A Memoria de Tráfico tamén indica os datos de intensidade media diaria de vehículos segundo o tipo de vías polas que circula. Desa forma, as vías de alta capacidade acadaron unha media de 8.502 vehículos ao día, significando un 3,3 % máis que o ano anterior. Cómpre ter en conta que o pasado mes de maio entraron en servizo os dous primeiros treitos da Autovía do Morrazo que a súa execución obrigara a cortar ao tráfico o Corredor previamente, incidindo nos datos de tráfico rexistrados tanto nesa vía como na alternativa.
·
Os datos recollidos na Memoria de Tráfico de 2017 son o resultado da explotación de 376 estacións, da que 235 foron fixas e 141 de detección pneumática. Este método de mostraxe consiste en recoller información exhaustiva nun número determinado de seccións elixidas nos tramos máis significativos da rede viaria.

A Xunta de Galicia realiza unha análise anual do tráfico das estradas da súa titularidade co obxectivo de dispoñer de información permanentemente actualizada sobre os vehículos que circulan polas mesmas e clasificada conforme a parámetros tales como a intensidade media diaria, a porcentaxe de vehículos pesados e as súas variacións ao longo do tempo.

Ese conxunto de datos resultan de gran utilidade para adaptar a xestión da rede autonómica de estradas ás súas demandas reais, prever as necesidades futuras e planificar as actuacións e os investimentos nas vías.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias