A
portavoz nacional do BNG, Ana Pontón e o responsable de comunicación, Xavier
Campos presentaron hoxe a imaxe e mensaxes da campaña das municipais baixo un
dobre lema, “Máis BNG” nos concellos nos que goberna e “Agora BNG” nos que
cogoberna ou está na oposición.
Pontón reiterou que o BNG é “unha forza política en ascenso”, unha organización
sólida, unida e cohesionada que conta co “aval dos gobernos dos concellos nacionalistas”,
referentes de honestidade e honradez, de políticas que melloran a vida das
persoas, de defensa do idioma e da cultura galegas, e tamén de rexeneración
urbana e dinamismo económico e social.
E con esta bagaxe,
afirmou a líder do BNG, “enfrontamos con
moita forza e optimismo ás eleccións municipais sobre a base de 3 fortalezas. A primeira, a certeza
de que o BNG é unha forza política á alza e o avance xa é imparable como quedou
de manifesto nas pasadas eleccións xerais nas
o BNG foi a forza con representación
no Parlamento galego que porcentualmente máis incrementou os seus votos,
conseguindo máis que duplicar o apoio da cidadanía. Pontón mostrouse convencida
de que todos e cada un deses votos, así como o resultado do vindeiro 26 de maio será “determinante para desaloxar
ao Partido popular da Xunta”.
A segunda
fortaleza, o propio proceso de
conformación das candidaturas con implantación no conxunto do territorio e con
enorme capacidade para sumar persoas en favor dunha proposta diferente de país e de concellos, galega e con perfil propio
porque son máis son de 4000 persoas as que integran as nosas candidaturas no
conxunto de Galiza. Sobre esta cuestión, explicou que a metade delas son independentes, “persoas que
non están afiliadas que participan nas
listas electorais do BNG como mellor ferramenta de mellorar os seus concellos”.
Candidaturas que ademais mostran un grande rexuvenecemento nas listas coa incorporación
de moita mocidade.
A terceira
fortaleza é o aval do noso traballo nos concellos. Un traballo, dixo, “con
humildade pero co orgullo” porque os “concellos BNG” destacan na política
galega e internacional polo “seu bo facer e capacidade para innovar e
transformar”.
A portavoz
nacionalista reiterou que os concellos BNG “son unha marca de calidade” e teñen
solución para os problemas de mobilidade, o comercio de proximidade, o coidado
do patrimonio, e a defensa e promoción da lingua e cultura do noso país. “Somos
capaces dunha xestión ambiental sostible e de poñer en marcha modelos urbanos e
proxección internacional”.
Se hai unha
política en Galiza que a grande maioría perciba como claramente transformadora,
esa é a política municipal do BNG. “Unha política de prestixio, que recibe
premios internacionais e se usa como modelo de referencia. Unha política que
cambia os concellos, fainos máis habitábeis e á medida das persoas, muda
dinámicas, crea autoestima e aumenta o desenvolvemento e o benestar”, concluíu
a portavoz do BNG.
"Concellos BNG", referentes da política municipal
O responsable de
comunicación, Xavier Campos explicou que o BNG encara a campaña das eleccións
municipais dando continuidade a imaxe e
estética da recente campaña das eleccións Xerais pero nesta ocasión, dixo, diferenciamos as mensaxes que queremos
transmitir en función dos lugares nos que o BNG mantén a alcaldía, está na
oposición ou cogoberna. Campos explicou
que no primeiro caso o lema “Máis”, significa dicir, “Máis Carballo, Máis
Tomiño, Máis Moaña”, e o resto dos concellos nos que gobernamos para reforzar e dar continuidade as políticas
municipais que estamos desenvolvendo.
Nos concellos non que non temos a alcaldía a mensaxe será “Agora”, “Agora
Sada”, “Agora Samos”, “Agora Verín”… porque consideramos que este é o momento
de apostar polo BNG.
Para o responsable
de comunicación, as políticas do BNG nos concellos son verdadeiros referentes da actual política
municipal e esa marca, “concellos BNG”, manifestou, querémola poñer en valor
polo que será unha das mensaxes
centrais. Departamento de comunicación / BNG