El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

UNIVERSIDADE | UDC

O reitor recibe aos seus homólogos da International University, de Camboia, e da Université de Sousse, de Túnez

09-05-2019 16:23:38
O reitor Julio Abalde (c) recibe aos seus homólogos.

A Coruña | O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, recibiu hoxe na Reitoría aos seus homólogos da International University, Camboia, Ojano Sabo; e da Université de Sousse, Túnez, Ali Mtiraoui, que están de visita na entidade académica coruñesa estes días no marco do programa Erasmus para países asociados fóra do Espazo Europeo de Educación Superior.

Abalde e o reitor Sabo asinaron un convenio de colaboración para temas de investigación coa Facultade de Fisioterapia. O reitor de Camboia acudiu acompañado polo profesor Soksombat Toun. Pola súa banda, Abalde e o Mtiraoui asinaron un acordo para o intercambio de estudantado e persoal entre ambas as dúas universidades. Este convenio ampara a mobilización de alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos por cuestións académicas. O reitor de Túnez acudiu acompañado por Mouna Ben Ahmed e Inmedine Bennour. Departamento de comunicación / UDC





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias