El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | VIOLENCIA DE XÉNERO

A Xunta habilitará salas de agarda para vítimas de violencia de xénero en 36 xulgados galegos

29-05-2019 20:25:27

A Xunta habilitará salas de agarda para vítimas de violencia de xénero en 36 xulgados galegos no prazo de 3 anos. Así o avanzou hoxe en resposta a unha pregunta parlamentaria o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen precisou que este mesmo ano xa se prevé a actuación en 12 sedes xudiciais; ás que se sumarán outras 12 o próximo ano e 12 máis en 2021.

A Xunta, en colaboración coas Unidades de Vixilancia de Sedes Xudiciais (UVEX), está actualmente identificando as necesidades para estender a adecuación de espazos ao maior número de xulgados posible. En calquera caso, cómpre recordar que aquelas sedes que non teñen espazo diferenciado contan con outro tipo de recursos para protexer a vítima e evitar a súa confrontación visual co agresor. Entre outras, destacan as de carácter organizativo que adoptan as autoridades xudiciais (como a citación a horas distintas), ou os protocolos e usos das Forzas e Corpos de Seguridade e dos propios funcionarios xudiciais para preservar a intimidade das vítimas.

Ademais, a Xunta tamén está habilitando outras medidas e, no marco do Plan Senda 2020, prevé incrementar o número de salas de vistas con videoconferencia para que este sistema sexa un servizo básico para as declaracións das vítimas.


Xulgado de Viveiro 

En canto ao xulgado de Viveiro, adiantou que nos próximos meses estará acondicionada unha sala de agarda para as vítimas. Actualmente, estase en trámites co concello para a cesión administrativa do espazo que permitirá ampliar as dependencias xudiciais. En calquera caso, mentres non estea habilitada esta nova dependencia, continuaranse aplicando as medidas organizativas necesarias que garantan a intimidade e protección das vítimas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias