El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

GALICIA | CHINA

A Xunta destaca o incremento do 30% nas exportacións realizadas a China respecto a 2018

30-05-2019 18:38:12
Francisco Conde

Vigo | O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe en Vigo, durante un xantar-coloquio do tecido empresarial co embaixador da República Popular da China en España, Lyu Fan, as boas relacións entre ambos os dous territorios. Neste sentido, explicou que a Xunta de Galicia agarda seguir colaborando co país asiático para abrir novas vías de negocio.

Conde agradeceu ao embaixador de China a confianza depositada en Galicia, tal e como amosan os investimentos que se están a realizar (preto de 120 millóns de euros na última década), ou feitos como a participación da industria agroalimentaria galega na Feira de Importación de China o pasado mes de novembro, un evento ao que acudiron na súa primeira edición 14 empresas e ao que Galicia xa mostrou o seu interese de participar de novo, xa que supón unha gran oportunidade para consolidar a entrada de produtos galegos no país asiático. 

Tal e como asegurou o conselleiro, China é un socio estratéxico para consolidar o crecemento económico de Galicia e lembrou que, grazas ao tecido empresarial galego, as exportacións medraron un 30% a este país -que é a 2º economía mundial e o 2º importador e consumidor do mundo- no primeiro trimestre deste ano con respecto ao mesmo período de 2018. 

O conselleiro incidiu no esforzo que a Comunidade está realizando no eido da internacionalización, tanto para abrir novos mercados para as empresas galegas, como para a captación de novos investimentos. Nesta liña, lembrou as iniciativas incluídas na Lei de implantación empresarial para facilitar tanto a tramitación administrativa como o acceso ao solo, como é o caso da figura dos Concellos Emprendedores ou das Iniciativas empresariais prioritarias.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias