El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA

A Xunta anima aos veciños para "implicarse" na defensa das súas aldeas fronte ao lume coa limpeza de parcelas

31-05-2019 15:03:57

A Consellería do Medio Rural colaborará coa Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) na mellora da xestión da biomasa nas proximidades dos núcleos de poboación, impulsando o pastoreo nas franxas de protección das aldeas. Así o acordaron o propio conselleiro, José González, e os responsables deste colectivo, tras unha reunión de traballo en San Caetano, na que tamén participaron os directores xerais de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan.

Na xuntanza abordouse a importancia de fomentar actividade agrogandeira nesas faixas de xestión da biomasa, como estratexia para a prevención e defensa fronte os incendios forestais e valorouse a achega que pode facer a SGPF nesta materia, no contexto das propostas de traballo da consellería en relación coas recomendacións da comisión de política forestal do Parlamento. Outros asuntos abordados neste encontro tiveron que ver coa incorporación de persoas mozas ao agro ou coa planificación da nova PAC. 

A Sociedade de Pastos e Forraxes é unha asociación sen ánimo de lucro que integra máis de 80 gandeiros, técnicos e investigadores centrados no aproveitamento, mellora e divulgación de todas aquelas ferramentas que permitan a mellora dos sectores gandeiros implicados na xestión do territorio pola súa necesidade de produción forraxeira.Na reunión de traballo, o conselleiro e os directores xerais agradeceron aos representantes da SGPF a súa disposición a colaborar e as súas achegas, que enriquecen e reforzan o traballo da Xunta a prol do agro galego, neste caso no eido do fomento do pastoreo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias