A un mes para o peche definitivo das factorías da Coruña e de Avilés, os
traballadores non teñen aínda garantía de futuro. Nos próximos días
coñeceranse as ofertas en firme para mercar as plantas. Pero a operación
de venda pode truncarse despois de saberse que nin unha nin outra
poderán acceder á próxima poxa eléctrica por levar catro meses
inactivas.
O Goberno prometera facer unha excepción e incluílas
na poxa, o que lles permitiría acceder a unha gran cantidade de
incentivos e facelas máis atractivas para os compradores. Pero a
normativa non se cambiou e as dúas plantas quedaron excluídas. Os
traballadores séntense enganados polo Goberno central. Desde a Xunta
asumen que, se o Executivo non toma medidas, o escenario é o peor dos
posibles.
Francisco Conde, conselleiro de Industria, "estamos nun
escenario de incerteza sobre a posición que poden tomar os
investidores, ante un goberno que se corrixe a si mesmo e que non ten
plantexada cal pode ser a solución o 30 de xuño"
A esperanza está
posta agora no Estatuto das Electrointensivas, que, ao abaratar o prezo
da electricidade podería ser un incentivo para os compradores. Pero de
momento, o Goberno teno parado. G24.gal