El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | CSHG

O Centro Superior de Hostelería de Galicia festexa mañá os seus 25 anos

04-06-2019 12:10:05
Centro Superior de Hostelería de Galicia.

O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) festexará mañá mércores o seu 25 aniversario no marco da terceira edición de HotelForum, o foro impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo orientado a estudantes e profesionais do sector turístico que este ano afondará nos retos e oportunidades do sector hoteleiro galego de cara ao Xacobeo 2021.

Desde as 10,00 horas, o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acollerá o encontro no que participarán destacados profesionais do sector hoteleiro, moitos deles antigos alumnos do CSHG. Afondarán en cuestións como os desafíos e oportunidades que supón a convivencia dos canais de venda tradicionais ante a chegada do Big Data, a xestión da diversidade cultural e necesidades específicas dos distintos tipos de viaxeiros nos establecementos hoteleiros, a creación de novos modelos que diversifiquen a oferta ou o peso da xestión económica e financeira na toma de decisións da empresa. 

Na primeira das mesas redondas –centrada na comercialización hoteleira– contarase coa participación de Berta Gacho, de Meliá; Ainhoa Benavente, de Expedia Partner Solutions: José Enrique Lázaro, de World2meet, e Pablo Guitián, de AC Hotels. Pola súa banda, Lucía Iglesias, de A Quinta da Auga; Héctor López, do Restaurante España; Sergio Delpont, do Restaurante O Sendeiro, e Vanesa Pradera, do Restaurante Lume participarán na mesa que coordinará Andrés Rumbo, experto en recursos humáns do CSHG, sobre a xestión da diversidade nos establecementos hoteleiros. 

O programa de relatores completarase con Anxo Rodríguez, do Faro de Corrubedo; Lilian Ferral, do Parador de Monforte de Lemos; Jorge San Martín, do Hotel Monumento San Francisco; Annia Gonzar, do Hotel Bela Fisterra e Hostel Bela Muxía, ou Anxo Bernárdez, de Como en Casa, que afondarán na evolución do produto hoteleiro. No relatorio ao redor da xestión económica e financeira no sector participarán Paula Ferro, do Hotel Santa Justa Lisboa; Francisco Plaza do Parador de Baiona; Ana Domínguez, de Sol Meliá, Fernando Jalón de Reig Capital, e José Luis Sieira, experto en finanzas do CSHG. 


Prazo de inscrición aberto 

A terceira edición do HotelForum está dirixida profesionais, estudantes e interesados no sector turístico e o prazo para participar está aberto. A asistencia é gratuíta, previa inscrición na páxina web do Centro Superior de Hostelería de Galicia e no enderezo info@cshg.es. Os participantes nesta edición poderán conmemorar ademais o 25 aniversario do CSHG, a través da diferentes actividades especiais que están programadas. Así, a partir das 11,30 horas celebrarase un acto central no que se recoñecerá o labor de diferentes cadeas hoteleiras que veñen colaborando nestes últimos anos co Centro Superior de Hostelería de Galicia. 

No transcurso do foro tamén se premiará ao propio Centro a quen lle será entregado o premio Escola de Referencia, que outorga a Asociación Catalá de Xornalistas e Escritores de Economía e Turismo Rede de Xornalistas de Turismo. Haberá tamén un xantar de confraternización coa participación de antigo alumnado do CSHG á fronte dos fogóns.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias