El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | UNIVERSIDADE

A UVigo e a Xunta impulsarán a candidatura de Galicia para acoller un laboratorio de tecnoloxía cuántica da ESA

07-06-2019 19:11:12
Núñez Feijóo (d) e Manuel Reigosa.

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, mantiveron este mediodía unha xuntanza onde formalizaron a presentación da candidatura para que Galicia acolla un laboratorio de tecnoloxía cuántica da Axencia Espacial Europea.

Esta iniciativa forma parte do proxecto C-COOL da ESA, baseado na creación de distintos laboratorios en países europeos, nos que se experimentarán tecnoloxías cuánticas desenvolvidas pola axencia, ensaiando a súa validez para ser enviadas ao espazo, arredor de seis eidos: reloxos atómicos –de estroncio e iterbio-, interferometría, computación e comunicación cuántica, así como distribución de referencias de tempo e frecuencia. 

Feijóo e Reigosa coincidiron en cualificar esta oportunidade como “única” a nivel nacional e internacional. Non en van, este laboratorio situaría á Comunidade como referente en experimentación e investigación en tecnoloxías cuánticas e podería converterse no xerme dun futuro centro de investigación experimental e teórica sobre competencias nestas materias. 

Así mesmo, e baixo unha instalación compartida desde o ámbito público e privado, o laboratorio beneficiaría tamén a diversos sectores industriais como o da automoción, o naval, o aeronáutico ou o farmacéutico, que demandarán nun futuro profesionais capacitados nestas tecnoloxías.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias