A Xunta Xeral de Accionistas de ABANCA,
presidida por Juan Carlos Escotet Rodríguez, aprobou esta mañá na súa
reunión anual ordinaria o proxecto de fusión por absorción de Abanca
Holding Financiero, accionista maioritaria da entidad financeira. Esta
fusión permitirá a ABANCA reforzar aínda máis a súa folgada
capitalización, cun impacto estimado de 90 puntos básicos na cociente de
solvencia e de 30 puntos básicos na cociente CET1. Ademais, a absorción
simplificará a estrutura societaria e de goberno, o que vai redundar
nunha mellora da eficiencia.
2018, beneficio récord
A
Xunta, que rexistrou unha asistencia do 87,33% do capital social do
banco, aprobou ademais as contas anuais individuais e consolidadas de
2018, así como os informes de xestión verificados por KPMG Auditores, e
ratificou a distribución de dividendo a conta do exercicio. ABANCA
rexistrou en 2018 o mellor exercicio da súa traxectoria en termos
económicos, ao pechar o ano cun beneficio neto de 430 millóns de euros,
un 17,3% máis que en 2017, e unha rendibilidade ROTE do 11,4%.
A
entidade destacou durante o exercicio polo aumento dos ingresos
recorrentes (+9,5%), a fortaleza comercial no negocio bancario e de
seguros, e unha significativa optimización da calidade do activo, cun
descenso en saldos dubidosos do 29,0%, que situaron a taxa de morosidade
no 3,6%. Pola súa banda, ao peche do exercicio o capital CET1 situouse
no 14,8%, aínda que as dúas emisións de instrumentos computables como
capital realizadas recentemente, cunha acollida moi favorable no mercado
europeo, permítenlle incrementar a cociente ata o 17%. Polo que
respecta á liquidez, a entidade dispoñía en decembro de 11.364 millóns
de euros entre capacidade de emisión de cédulas e activos líquidos.
Investimento social e Sustentabilidade
As
contas aprobadas inclúen tamén a Memoria Corporativa e de
Responsabilidade Social Corporativa, que recolle as actuacións
desenvoltas pola Obra Social de ABANCA a través de Afundación, con preto
de 1.170.000 beneficiarios durante o ano pasado. A entidade financeira
destina a este investimento social e sustentable o 3% dos seus
beneficios, que permiten o desenvolvemento de actividades a través de
catro áreas estratéxicas transversais: educación superior e innovación
financeira, envellecemento activo, desenvolvemento e promoción
sociocultural e voluntariado corporativo e social. Coa achega de 2019, o
investimento de ABANCA en materia social e de sustentabilidade supera
os 40 millóns de euros desde 2014.
Por outra banda, a Memoria
Corporativa resalta que ABANCA, a través da súa dobre vertente
financeira e social, xerou en 2018 un valor económico de 1.057,3 millóns
de euros, un 14,1% máis que no exercicio anterior. Pola súa banda, o
Valor Económico Distribuído total alcanzou os 746,5 millóns de euros,
cun incremento no ano do 13,5%. O documento recolle tamén a achega ao
mercado laboral de 4.903 empregos directos, dos que 411 corresponderon a
novas incorporacións durante 2018.
Entre as iniciativas no ámbito da educación desenvoltas en 2018 por ABANCA e a súa Obra Social destacan o Programa de Educación Financiera
e a actividade promovida por IESIDE. No ámbito da promoción da cultura
impulsáronse propostas expositivas como a mostra ‘Dalí e o surrealismo
na Colección ABANCA’, que se puido contemplar no Museo Nacional Thyssen-
Bornemisza, e outros 27 eventos expositivos en Galicia e León con obras
das coleccións artísticas do banco e Afundación. Tamén foron reseñables
as actuacións orientadas á promoción do deporte, co Programa ABANCA Deporte Base
como principal expoñente; a xestión empresarial socialmente
responsable, promovida a través do Foro ABANCA Responsable, ou a mellora
do medio ambiente, con iniciativas como a campaña de reforestación‘Unha
árbore nova’.
Mellores prácticas de gobernanza e xestión prudente
Os
accionistas acordaron, ademais, determinadas modificacións estatutarias
motivadas, fundamentalmente, polas integracións de negocio de Deutsche
Bank PPC Portugal e Banco Caixa Geral. Entre os puntos aprobados figuran
o establecemento dun número máximo de membros do Consello de
Admistración, que quedou fixado en 11 persoas, e a actualización da
política retributiva da entidade. Estes acordos permiten a ABANCA seguir
aliñándose coas mellores prácticas de gobernanza das sociedades
cotizadas e a xestión prudente dos riscos, dúas prioridades recorrentes
na entidade.