El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

GALICIA

PSA Vigo presenta en sociedade o novo Peugeot 2008: a produción en serie comezará en outubro

19-06-2019 10:44:51
Núñez Feijóo (i), presidente de la Xunta.

Vigo | O presidente do Goberno galego, Núñez Feijóo, destacou hoxe a aposta en innovación, emprego e facturación que o Peugeot 2008 suporá para a factoría de PSA en Balaídos e para a industria auxiliar que verá incrementada a súa cifra de negocio en 450 millóns de euros ao ano co novo modelo. Unha cifra que, segundo lembrou, se sumará aos 650 millóns anuais que, actualmente, a industria auxiliar vende en compoñentes a esta factoría para o modelo K9.
 
Durante a presentación do novo vehículo, Feijóo incidiu na importancia de PSA para Galicia, por si mesma pero tamén pola capacidade de negocio que é capaz de xerar ao longo de toda a cadea de valor. Non en van, a industria auxiliar da automoción necesita a empresas como Citröen e esta precisa á industria auxiliar para seguir innovando e desenvolvendo novos modelos e procesos.
 
Neste mesma liña, lembrou que o sector da automoción en Galicia supón o 13% do emprego industrial, o 13,5% do PIB, case o 15% da produción estatal de vehículos e o 25% das exportacións da comunidade.
 
Así mesmo, salientou que a automoción dá emprego na Comunidade a máis de 22.000 persoas, conta cunha facturación que chega aos 8.650 millóns de euros e cunhas exportacións que alcanzaron os 5.700 millóns o pasado ano, e entre 2016 e 2018 investiu máis de 700 millóns para ser máis competitivo.
 
Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta animou a seguir apostando pola innovación, garante de progreso e emprego e trasladou o convencemento de que este novo modelo non só será bo para a propia marca e para os seus empregados, senón tamén para o sector da automoción, en particular, e para Galicia en xeral.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias