El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

BANCA

Escotet aposta por Portugal como oportunidade para o sector exterior galego

19-06-2019 16:58:57
Juan Carlos Escotet Rodríguez (3i).

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, participou hoxe en Vigo na Tribuna do Círculo de Empresarios de Galicia, foro de encontro que reúne a algunhas das principais empresas da comunidade autónoma. Ante 140 empresarios e directivos, o presidente do banco repasou a actual situación económica global, española e de Galicia, a estreita relación desta comunidade con Portugal, e o compromiso da entidade co tecido empresarial.

En opinión do presidente de ABANCA, Portugal preséntase como “unha oportunidade ante a necesaria reactivación do sector exterior galego”. “É o segundo destino receptor das exportacións galegas e un dos que mostra maior dinamismo. Ademais, a súa economía avanza de forma robusta, a súa prima de risco redúcese a mínimos históricos e presenta oportunidades de crecemento e complementariedade con Galicia”, destacou Juan Carlos Escotet Rodríguez.


O presidente de ABANCA encadrou nesta formulación as adquisicións de Deutsche Bank PCB Portugal, xa integrada, e de Banco Caixa Geral España, actualmente en proceso de integración. “Estas operacións, que nos achegan 13.500 millóns de euros en volume de negocio, permitirannos ofrecer ao mercado unha resposta integral de servizos financeiros cross-border e consolidarán a nosa posición ibérica”, explicou.



O presidente de ABANCA referiuse ademais á vontade da entidade de seguir sendo a referencia para as empresas en concesión de crédito. “Somos a entidade española con maior crecemento do crédito desde 2014. E en 2018 formalizamos 2.076 millóns en novas operacións con pemes e autónomos, o dobre que en 2017”, indicou Juan Carlos Escotet Rodríguez. O presidente do banco destacou tamén a especialización da entidade en servizos ao sector exterior e o seu modelo de relación especializada e orientada ao cliente. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias