El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

GALICIA | SOGAMA

Formadores en Medio Ambiente e Enerxías Renovables de Cuba e Costa Rica visitan Sogama

21-06-2019 18:10:53
Formadores de Cuba e Costa Rica, en Sogama.

Cerceda | No marco dun proxecto educativo internacional de medio ambiente e enerxías renovables promovido pola Universidade de Vigo e no que participa Cuba e Costa Rica, formadores na materia destes dous países visitaron o Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda para coñecer con detalle o traballo que desenvolve esta entidade pública na xestión sostible dos residuos urbanos en Galicia. 

Un dos aspectos que centrou a atención dos visitantes foi a valorización enerxética da fracción non reciclable dos residuos como paso previo e preferente ao vertido, tal e como se recolle na xestión xerarquizada de residuos que promulga a Unión Europea. Un proceso que permite transformar en enerxía eléctrica, e con todas as garantías medioambientais e para a saúde, aquela parte dos refugallos que, dadas as súas características, non se poden reciclar e que, inevitablemente, acabarían desperdiciados en vertedoiro. Neste sentido, cabe recordar que a electricidade producida en Sogama equivale ao consumo enerxético do 12% dos fogares galegos. 


A nova planta, foco de atención 

Acompañados polo director xeral de Sogama, Isidro García Téllez, os integrantes do grupo efectuaron un percorrido guiado polas instalacións do complexo e recreáronse na nova planta de recuperación de materiais contidos na bolsa negra, dado o seu alcance e prestacións. 

Incorporada ao proceso en novembro de 2018, conformou a primeira fase da ampliación do complexo cercedense e contribuirá en gran medida a que  a compañía dea cumprimento  aos seus tres grandes obxectivos: tratar en condicións óptimas todos os residuos procedentes dos 295 concellos aos que dá servizo, e que aglutinan a máis de 2.242.000 habitantes; multiplicar por catro a súa achega á reciclaxe; e diminuír o uso do vertedoiro ata chegar, en 2020, ao vertido técnico cero (10%). A pretensión é que unicamente se verta aquela parte do lixo que non se poida reciclar nin valorizar enerxeticamente. Con isto, Sogama adiantarase, en 15 anos, ao cumprimento dun dos principais obxectivos do Parlamento Europeo en materia de residuos: limitar ao 10% o uso do vertedoiro nos Estados membros.

A nova planta, concibida e equipada en liña coa industria 4.0, conta coas tecnoloxías máis innovadoras que existen no mercado e logra clasificar de forma automática ata 11 tipoloxías de materiais, que a empresa remite aos centros recicladores para que poidan ser convertidos en novos produtos e, por tanto, reincorporados ao circuíto comercial cunha nova vida. Ademais do persoal da Universidade de Vigo, conformaban o colectivo membros do Instituto Mineiro Metalúrxico de Moa, da Universidade Tecnolóxica de La Habana José Antonio Echeverría e da Universidade de Oriente, en Santiago de Cuba. Departamento de comunicación
 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias