Vilalba | Queixería
Prestes, empresa familiar vilalbesa referente na elaboración de
queixos como o San Simón da Costa ou o queixo azul Lara&Sara,
está a realizar unha importante aposta polas enerxías renovables
para reducir a súa pegada de carbono e o impacto medioambiental.
Así,
en agosto do pasado ano instalaron no teito da súa queixería
situada no polígono vilalbés de Sete Pontes, unhas placas de
enerxía fotovoltaica cunha potencia de 17 kilovatios. “Presentámonos
á convocatoria de axudas do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
e concedéronnos unha subvención para o 40% do investimento. Con
esta primeira instalación logramos cubrir o 15% do noso consumo
eléctrico, que ascende a un total duns 38.000 euros ao ano, polo que
para unha pequena empresa familiar coma nós supuxo un importante
aforro”, explica Maikel Fernández Cuba, cofundador de Queixería
Prestes.
E
para este verán realizarán unha ampliación: 40 kilovatios máis de
enerxía fotovoltaica, que se te todo vai segundo o previsto entrarán
en funcionamento en setembro. “Quedamos
satisfeitos do primeiro investimento e con esta ampliación esperamos
chegar aos 60 kilovatios de potencia instalada, co que poderíamos
cubrir con enerxía solar o 75% do noso consumo eléctrico”, avanza
Maikel.
A
disponibilidade de espazo -o teito da súa queixería ocupa unha
superficie construída de 3.000 metros cadrados, dos que ocuparán
este ano con placas fotovoltaicas uns 1500 metros cadrados- unido ao
breve prazo de amortizacións do investimento -estiman que uns 4,5
anos- e a previsión de que poderán incluso vender os excedentes de
enerxía á rede e realizar balance neto -diferenza entre o que
consumen e o que verten- coa empresa eléctrica animou a Queixería
Prestes a apostar por esta enerxía limpa.
“A
nosa intención é seguir reducindo o noso impacto ambiental, polo
que temos a intención de no futuro chegar a un 100% de uso de
electricidade procedente de enerxías renovables”, conclúe Maikel.
Departamento de comunicación