O
Consello de Administración de ABANCA mantivo unha reunión ordinaria na
mañá
de hoxe, 26 de xuño, na sede corporativa do banco en Lisboa. O máximo
órgano de Goberno Corporativo de ABANCA decidiu nomear como conselleira á
financeira portuguesa Ana Barros. Ao Consello, primeiro que se celebra
en Portugal, asistiron todos os seus integrantes,
encabezados polo presidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o
conselleiro delegado, Francisco Botas. O día anterior, 25 de xuño,
ABANCA tamén realizou en Lisboa a reunión do seu Comité de Dirección.
A
reunión do Consello de Administración de ABANCA en Lisboa pon de
manifesto a importancia estratéxica que o banco outorga a Portugal nos
seus plans de crecemento.
Tras a integración de Deutsche Bank PCB Portugal, culminada
recentemente con total éxito, ABANCA iniciou unha nova etapa no país
centrada nos segmentos de private banking e banca de empresas. Departamento de comunicación