O primeiro Curso de Especialista Universitario en 5G de Galicia
abre hoxe o prazo de preinscrición. Este programa formativo, enmarcado
no Plan Galicia 5G da Xunta, está orientado a ofrecer diferentes perfís
profesionais do sector tecnolóxico capacitación especializada e adaptada
ás necesidades derivadas da futura extensión da tecnoloxía 5G. A
posta en marcha deste Curso é froito dun acordo subscrito este ano entre
a Axencia para Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
(Amtega), a Universidade de Vigo, e o operador público Retegal o pasado
mes de febreiro.
Impartido por expertos
Está aberto a
titulados, estudantes e profesionais do sector tecnolóxico e será
impartido por docentes da Universidade e por profesionais expertos do
sector, tanto de operadores (Movistar, Orange, Vodafone), como
fabricantes (Nokia Spain, Ericsson) e desenvolvedores de solucións
verticais (PSA, RTVE, CTAG, SERGAS).
Conta cun máximo de 25 prazas
en becas para estudantes, desempregados e persoas en activo. Comezará
en setembro, con 200 horas lectivas, divididas en 6 módulos máis o
proxecto fin de curso, permitindo obter o título de “Especialista en
Tecnoloxías de Quinta Xeración (5G)”. Os 6 módulos impartiranse
presencialmente os xoves e venres polas tardes na ETSE Telecomunicación
durante os meses de setembro a decembro. Toda a información do curso e
os diferentes prazos están dispoñible nesta ligazón
Plan Galicia 5G
O
Plan Galicia 5G é ferramenta estratéxica da Xunta de Galicia para
impulsar o ecosistema 5G galego e favorecer o despregamento das redes 5G
en Galicia, situando a Galicia coma rexión de referencia no
desenvolvemento das tecnoloxías 5G. Coa sinatura do acordo para a
posta en marcha deste Curso o pasado mes de xaneiro, a Universidade de
Vigo, formalizou a súa adhesión ao Nodo de Cooperación 5G, un punto de
encontro entre desenvolvedores e demandantes de solucións desta
tecnoloxía para actuar como concentrador dos retos derivados das
demandas do mercado e as capacidades das empresas do ecosistema 5 G de
Galicia. En novembro formalizábase a adhesión ao nodo os operadores
Vodafone, Orange e Telefónica e están prevista novas adhesións nas
vindeiras semana.
A Comunidade foi a primeira do Estado e en poñer
en marcha un plan para situarse como territorio preferente na pilotaxe
de solucións innovadoras baseadas en 5G e facilitar que o
desenvolvemento e a innovación tecnolóxica en equipamento e software
necesaria para desenvolver posibles casos de uso localícese na
Comunidade.