El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | PRAIAS

Un 35% das praias galardoadas coa bandeira azul en 2019 atópanse na provincia da Coruña

28-06-2019 17:34:59

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, destacou esta mañá o traballo e o labor dos concellos galegos para facer da Comunidade galega unha das rexións españolas que ocupa as primeiras posicións co maior número de bandeiras azuis en 2019.

A directora xeral de Patrimonio Natural participou esta mañá no acto de izado da bandeira azul á praia de Caión, xunto co alcalde da Laracha, José Manuel López Varela; onde recordou que Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis recibidas para os areais galegos, con 107, das cales 38 pertencen a praias da provincia da Coruña, é dicir, un 35,6% dos areais con esta distinción atópanse nun municipio da provincia da Coruña.


Tamén explicou que os concellos de Arteixo e Boiro son os que máis recoñecementos deste tipo obteñen este ano, con sete -ao igual que en 2018-; seguido de Oleiros e A Coruña, con cinco areais distinguidos. Deste xeito, os veciños, e turistas que elixen Galicia como destino vacacional, poden gozar de espazos naturais que contan cunha calidade das augas excelente, seguridade, servizos, a accesibilidade aos areais e unha axeitada xestión ambiental e sustentabilidade dos areais e das dársenas.


Grazas ao esforzo e ao papel dos concellos, Galicia mantén a súa segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul (con 107), despois de Valencia con 135 distincións. Deste xeito, a comunidade galega acapara case un 20% das 566 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade catalana (97 bandeiras),e pola andaluza (79).


A directora xeral destacou o Concello da Laracha, por ser un dos catro municipios -xunto con Oleiros, Camariñas e Boiro- da provincia da Coruña, en contar con bandeira azul para un areal (Caión), centro azul (Centro de Interpretación dos Muíños de Augas da Costa da Morte- Golmar) e sendeiro azul (Sendeiro de Saldoiro).





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias