O presidente do Executivo galego,
Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe un novo aumento salarial para os
empregados públicos da Xunta na próxima nómina -a correspondente a
xullo-, de xeito que en 2019 percibirán unha media de 885 euros anuais
máis que en 2018 (unha suba do 2,5%), e unha media de 3.825 euros anuais
máis que en 2015, cando se iniciou a senda da recuperación económica.
Durante
a súa participación na presentación da rehabilitación exterior do
Complexo Administrativo de San Caetano, Feijóo aseverou que, hoxe,
inaugúrase un exemplo de restauración que recupera a imaxe orixinal duns
edificios que se empezan a construír en 1911, para ter despois usos
educativos militares e finalmente administrativos a partir de 1984,
dixo, subliñando que aos galegos entrégaselles un edifico con novos
tellados feitos con tella galega, con más de 1.100 fiestras illadas con
madeira de castiñeiro, dunha nova envolvente térmica e dunha nova
iluminación LED.
Así mesmo, resaltou que a eficiencia enerxética
de San Caetano iníciase coa instalación da caldeira de biomasa en 2016,
facendo deste complexo un exemplo máis da Galicia verde que queremos,
cun aforro anual de 175.000 euros no gasto enerxético.
O
presidente da Xunta concluíu aseverando que esta obra terá continuidade
coa remodelación interna e a construción de San Caetano II na zona onde
hoxe está situada a estación de autobuses, co obxectivo de pechar así
unha cidade administrativa completa, sede dos servizos centrais da
Administración autonómica, e que se prolonga coas obras feitas nas
delegacións da Xunta.