El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | BNG

O BNG celebra un cumio de planificación de política municipal

04-07-2019 18:56:48

O BNG celebra este vindeiro domingo en Santiago un gran encontro de responsables políticos locais que congregará a máis de 200 alcaldes, alcaldesas e concelleir@s na capital de Galiza, para establecer unha planificación de política municipal a medio prazo e partindo da consideración de que o traballo que o Bloque desenvolva nas vilas e cidades será clave de cara a abrir un novo tempo político nas eleccións galegas de 2020.  

A formación nacionalista quere aproveitar que é unha forza política á alza para visibilizar que ten un proxecto solvente e serio para o país, como demostra alí onde ten responsabilidade de goberno a nivel municipal e, ao mesmo tempo, para significar que ten proxecto, equipo e liderado para ir a por todas nos comicios galegos e encabezar a alternativa que mande ao PP e a Feixóo á oposición.    

Neste contexto enmárcase a campaña de celebración do Día da Patria -Galiza, un novo impulso-, coa que se dirixe a esa maioría social que quere pasar a paxina do PP para que se sume ao BNG na construción dun país próspero, soberano e con futuro. Mesmo desde o punto de vista organizativo, este cumio municipal quere tamén poñer en valor a condición de terceira forza política nos concellos, con representación en máis do 90% dos municipios galegos.  

De feito, tras o 26M, o Bloque suma un total de 456 concelleiros e concelleiras, 195 mulleres (42’76 %) e  261 homes (57’24%), dos que debutan por primeira vez na política municipal un total do 33% dos concelleiros e concelleiras electas.  

A xornada será inaugurada pola portavoz nacional, Ana Pontón, e contará coas intervencións da responsable de estratexia no ámbito municipal,  Eva Villaverde; da coordinadora xeral desta área, Carme da Silva; e da responsables de iniciativas políticas locais e alcaldesa de Tomiño, Sandra González. Tamén terán unha intervención específica responsables municipais como Evencio Ferrero (Carballo), Beatriz Bascoi (Moeche), Diego Lourenzo (Verín) ou Marcos Suárez (Moraña).  

Este cumio municipal terá lugar este domingo 7 de xullo en Santiago no hotel Os Abetos, e tamén servirá para compartir experiencias de éxito de goberno en distintos concellos. En palabras da coordinadora da xornada, Eva Villaverde, “este encontro é ademais unha oportunidade física de compartir a enerxía, o entusiasmo, e a ilusión que nos une como formación política que está afrontando un momento de crecemento no apoio social”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias