A secretaria xeral da Igualdade, Susana
López Abella, participou hoxe na inauguración do curso para a prevención
e intervención en violencia de xénero, un encontro para informar e
formar sobre a violencia de xénero. A eliminación do maltrato contra as
mulleres é un reto de toda a sociedade, puntualizou López Abella, quen
concretou que se trata dunha tarefa conxunta que require unha actuación
unitaria e a máxima coordinación entre multitude de axentes, tanto do
sector público como o privado.
López Abella, que realizou a
ponencia Programas e accións da Xunta de Galicia contra a violencia de
Xénero, incidiu na importancia da conciencia social para erradicar o
problema. Nesta liña, quixo destacar que os avances feitos ata hoxe
conseguíronse co compromiso integral dende todos os ámbitos.
A
secretaria xeral recordou que Galicia aprobou hai doce anos a súa
primeira lei específica de violencia de xénero, aprobada por unanimidade
no Parlamento de Galicia.A secretaria xeral da Igualdade tamén
indicou que este é un momento crucial para impulsar definitivamente a
construción dunha sociedade libre de violencia sobre as mulleres. De
feito, na exposición, López Abella falou da campaña de prevención e
actuación ante o acoso sexual e por razón de sexo no entorno laboral,
unha actuación pioneira en España.
Outras actuacións pioneiras
son, como enumerou a secretaria xeral, o servizo de quenda de garda
psicolóxica para as mulleres vítimas de violencia de xénero e os seus
fillos e fillas menores ou un programa de inserción laboral dirixido a
mulleres en situación de violencia de xénero (o crédito entre 2016-2019
para estas axudas foi de 2.443.094 euros); ou as medidas de protección e
asistencia integral para os orfos e orfas vítimas da violencia de
xénero. Toda a sociedade, rematou López Abella, ten que
involucrarse no rexeitamento ós maltratadores e previr deste xeito la
violencia contra as mulleres.