El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | UNIVERSIDADE

O Grao en Enxeñaría Mecánica contará con dúas mencións únicas en Galicia; Tecnoloxías Industriais, cunha pioneira en España

10-07-2019 14:49:57

A Escola Politécnica Superior do Campus de Ferrol vén de actualizar os plans de estudos de dous dos seus graos para o próximo curso académico. Deste xeito, o Grao en Enxeñaría Mecánica contará con dúas mencións únicas en Galicia: “Mecánica de Máquinas” e “Estruturas e Construción”. Pola súa banda, o alumnado do Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais poderá elixir entre a mención en “Enerxía” ou en “Industria Intelixente”, esta última pioneira en España.

Tal e como salienta a subdirectora de Organización Académica e Estudantado, Sonia Zaragoza, estas modificacións queren dar resposta ás demandas do sector e do propio alumnado da EPS “que busca unha maior intensificación dos seus coñecementos xusto naquelas áreas nas que o profesorado da Escola é máis forte”. Trátase pois, de ofrecerlle ao estudante “unha formación mellor e o máis completa posible” e ás empresas enxeñeiros e enxeñeiras “máis capacitados, máis especializados e con máis habilidades”, explica. No que atinxe ao proceso de actualización, Zaragoza destaca a implicación do profesorado do centro e a do propio alumnado dos graos en Enxeñaría Mecánica e en Tecnoloxías Industriais. Un feito que podería explicar, segundo a propia subdirectora, o interese que espertaron estas modificacións entre os estudantes. “Moitos deles pensan xa en cursar as dúas mencións aínda que non o precisan para obter o título”, argumenta.


EPS 

A EPS imparte ademais do Grao en Enxeñaría Mecánica e o Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, o Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica, así como o programa de simultaneidade (dobre grao) en Enxeñaría Mecánica e en Enxeñaría Naval e Oceánica. As persoas tituladas nestes graos integran, segundo o recente informe do Ministerio de Educación e Formación Profesional que vén de facerse público, o grupo dos vinte títulos universitarios españois cos mellores salarios, grupo no que destacan sobre todo, as titulacións da área de enxeñaría e arquitectura. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias