El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Economí­a

GALICIA | PROGRAMA EMEGA

A Xunta invita ás mulleres a solicitar axudas do programa Emega

02-08-2019 12:13:26

VIGO | A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, animou hoxe ás mulleres que poidan estar interesadas a solicitar axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, ás que recordou que o prazo estará aberto ata o próximo luns, 5 de agosto. Así o destacou hoxe durante unha charla informativa sobre o programa que tivo lugar en Vigo, na sede da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao. Alí lembrou que a convocatoria deste ano dispón dun orzamento de 1,7 millóns de euros, o dobre que o ano pasado, cando se consignaron 850.000 euros.

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

O programa Emega inclúe catro liñas específicas: a ‘Emprende’, para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e crear emprego feminino estable por conta propia ou allea; ‘Innova’, para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade de empresas constituídas por mulleres; ‘Activa’, para favorecer a reactivación e consolidación de empresas a través de medidas de renovación ampliación ou cambio de localización dirixidas a paliar unha situación económica adversa; e ‘ITEF’, para incentivar iniciativas empresariais con contido científico ou base tecnolóxica promovidas por mulleres. A maiores, establece unha liña de axudas complementarias, a ‘Concilia’, para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. 


Contía das axudas 

A contía das axudas dependerá da liña solicitada e do número de postos de traballo xerados para mulleres, tanto por conta propia como por conta allea. Así na ‘Emprende’ irán de 8.000 a 20.000 euros; na ‘Innova’, de 12.000 a 20.000; na ‘Activa’, de 6.000 a 15.000; e na ‘ITEF’, de 16.000 a 40.000. No caso das axudas complementarias á conciliación, os incentivos irán dos 3.000 euros para as promotoras que teñan fillos/as menores de tres anos; ata os 5.000 euros, cando as actividades de conciliación estean dirixidas ás traballadoras por conta allea.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias