El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón: "O Goberno está en funcións e o Goberno da Xunta de vacacións"

30-08-2019 19:50:55

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón advirte da “parálise” do goberno galego  e considera alarmante que a “Xunta sega de vacacións”. Para a nacionalista, “o goberno central está en funcións e o goberno da xunta de vacacións”, tras un mes sen celebrar un só consello da Xunta e sen tomar  ningunha decisión relevante para o futuro, nos últimos consellos. Galiza, recalcou a portavoz do BNG “non pode estar cun goberno de vacacións” porque temos problemas que inciden moi negativamente nas nosas vidas, “unha desaceleración económica, precariedade laboral moi alta e unha situación crítica na industria”.  

Dende o BNG chamamos “ao goberno da Xunta a que abandone as súas vacacións” e asuma as súas responsabilidades porque si vai continuar de vacacións é preferible “non ter goberno” e que “dimita” por irresponsabilidade e incapacidade para defender un proxecto de futuro para Galiza.  


Galicia desaparecida naaxenda política estatal 

É evidente que a nivel de estado continuamos vivindo na incerteza coa irresponsabilidade das forzas estatais e de novo, neste inicio de curso político, “Galiza segue desaparecida”. Ninguén esta a “defender unha axenda galega en Madrid” explicou Pontón que achacou a situación a  falta de peso político galego para condicionar aos  partidos en Madrid e defender os nosos intereses.    Neste sentido, cualifico de “síntoma” a retención do pago dos 700 M€ por parte do goberno do estado  e a constatación da necesidade  que temos todos os galegos e galegas de controlar os nosos recursos para  que “a chave dos nosos  cartos non estea en Madrid”, manifestou a nacionalista.

Na súa visita ao concello de Castrelo de Miño, acompañada da deputada do BNG por Ourense, Noa Presas e o portavoz do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela, destacou o “grande potencial” dun concello que conta  con importantes recursos naturais, turísticos e humanos “de primeira”.   Tras felicitar ao novo rexedor  do BNG, Esteban Suárez,  Pontón asegurou que ao igual que está a acontecer noutros concellos gobernados polo BNG, Castrelo de Miño  impulsará un “proxecto transformador” que sen dúbida incidirá nunha maior calidade de vida para todos os veciños e veciñas, explicou Pontón.
 

O BNG propón unha nova Lei do Viño 

O sector vitivinícola foi un dos aspectos tratados na reunión co alcalde e posterior encontro con representantes do sector. Nesta liña, Pontón anunciou que o BNG elaborará unha proposta para que Galiza conte “cunha unha nova lei do viño” destinada a dimensionar e dar valor engadido á produción  e con  “prezos xustos” para os produtores e produtoras de uva. Esta lei sería, dixo, “unha ferramenta importante” e para iso é necesario contar  co sector para analizar as necesidades prioritarias.  


O BNG quere converter Castrelo de Miño nun exemplo para a comarca do ribeiro 

Pola súa parte, o alcalde de Castrelo de Miño, Esteban Suárez manifestou que o BNG seguirá apostando “polos servizos socias no concello”. Consideramos, dixo, que é necesario investir nas persoas e nesa liña poremos en marcha “un servizo de madrugadores” ademais de  potenciar o turismo no río en colaboración con outros concellos da comarca para acadar un maior dinamismo económico.  

Entre as iniciativas municipais,  Suárez tamén  destacou a mellora do saneamento, as estradas e os abastecementos. O alcalde agarda que a lexislatura se caracterice polo diálogo coas outras forzas políticas co fin de chegar a  acordos que “melloren a calidade de vida de todos os veciños e veciños” e o tempo, poñer en valor e conseguir que “Castrelo de Miño sexa un exemplo para a comarca do Ribeiro”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias