El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

GALICIA | ENSINO

Máis de 148.000 estudantes de ESO, bacharelato e de ensinanzas de réxime especial comezarán hoxe

13-09-2019 12:31:55

Un total de 148.144 estudantes comezarán o luns as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato, e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Cómpre lembrar que as cifras de matriculación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. De feito, neste total tampouco se contempla o alumnado de FP, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.

ESO 

Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 92.862 alumnos e alumnas comezarán o curso en ESO, o que supón un 0,4 % máis ca no curso 2018/19.


Bacharelato ordinario 

Por outra banda os mesmos datos provisionais que manexa a Consellería, indican que 30.973 alumnos e alumnas comezarán o luns as clases de bacharelato ordinario en Galicia, o que supón un 1,5% máis ca no curso 2018/19.


Ensinanzas de réxime especial 

No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, en concreto no referido ás básicas, de secundaria e bacharelato para adultos e ao bacharelato semipresencial ou a distancia, segundo os datos provisionais o descenso do alumnado, ata os 12.638 estudantes, é do 4,8% respecto do curso 2018/19.

Pola súa banda, o número total de estudantes nas ensinanzas artísticas e deportivas acada este curso os 11.671, un 0,4% máis ca no curso anterior. En concreto, nas ensinanzas regradas de música, segundo as estimacións da Consellería, o número de alumnos será de 8502, un 0,3 % máis ca no ano académico 2018/19. No caso das ensinanzas regradas de danza o número de matriculados é de 333, un 5,6 % menos ca no curso 2018/19; mentres que nas de arte dramática haberá 177 alumnas e alumnos, un 1,7% máis ca no ano académico anterior. Pola súa banda o alumnado matriculado en ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño diminúe un 1,9%, con 668 estudantes. No caso dos estudos superiores de deseño haberá 743 matriculados, un 2,7% máis ca no curso anterior; mentres que nos estudos superiores de conservación e restauración de bens culturais haberá 81 alumnos, 7 menos ca no 2018/19. No caso das ensinanzas deportivas o incremento de alumnado é do 3,3%, acadando os 1167 alumnos. 


Formación Profesional

No caso da Formación Profesional –non incluída nos devanditos 148.144 estudantes- a Consellería está aínda a pechar os datos de matriculación, que serán difundidos en datas próximas. Aínda así, a previsión inicial realizada polo departamento educativo da Xunta de Galicia é que –contando tanto os ciclos formativos en réxime ordinario e modular como a FP a distancia, a FP Dual e a nova FP Básica- o número de alumnas e alumnos sexa de máis de 52.000. Ver gráficos





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias