Ante o anuncio do goberno central
para liberar unha parte da débeda de
700M€ que o Estado debe a Galiza, a portavoz nacional do BNG afirmou que único que demostra este anunciou é ate que
punto as forzas estatais, tanto PSOE como PP, Cs e Podemos continúan
instalados “na frivolidade” e xogando
con asuntos moi importantes para Galicia.
O dez de novembro, dixo Pontón, todos os galegos e galegas
temos unha oportunidade para deixar atrás a “frivolidade, cachondeo e
discriminación” e apostar para que Galiza teña voz da man dunha opción
política como o BNG que representa a “antítese” do que estamos vendo. Dende o
BNG, recalcou a portavoz nacionalista, consideramos que non se pode xogar cos
cidadáns e o 10 de novembro teremos a ocasión para que os galegos e galegas
sexamos decisivas e decisivos no Estado e poñamos fin a “tanto cachondeo”. Pontón volveu a pedir ao Presidente da Xunta que presente o
recurso xudicial para o Estado abone a totalidade de débeda a Galiza.
Por outra parte,
manifestou que o que está acontecento evidencia que actual sistema de financiamento “non lle vai
ben a Galiza. As decisións sobre os nosos recursos, explicou, decídense en
Madrid e se o Presidente da Xunta quixera
cambiar as cousas o que tería que facer é defender que “a chave dos
cartos dos galegos e galegas a tiveramos
aquí”. Si nós, recalcou Pontón decidiramos teriamos máis recursos para financiar a sanidade, a
educación, mellorar o medio ambiente, as pensións e crear emprego en Galiza
pero o Presidente da Xunta asinou un sistema de financiamento que nos
discrimina “e non fixo nada para cambialo”. Departamento de comunicación