El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Internacional

COLOMBIA | BNG

O BNG condena as ameazas ás organizacións sociais, partidos políticos e defensores de dereitos humanos en Colombia

24-09-2019 12:31:04

A portavoz do BNG en Europa e integrante da Executiva Nacional do Bloque, Ana Miranda, manifesta a súa repulsa ás ameazas que están sufrindo as organizacións sociais, partidos políticos e diferentes colectivos defensores de dereitos humanos que se están producindo en Colombia. ”Estamos diante dunha situación extremadamente grave que o goberno colombiano ter que poñerlle freo de forma urxente”, subliña Miranda.

Neste sentido, o BNG expresa o seu total apoio ao “Comité Permanente pola Defensa dos Dereitos Humanos”, (CPDH-Caldas), que o pasado venres denunciou ante distintas administracións as ameazas recibidas por diferentes líderes sociais e partidos políticos que defenden os dereitos humanos. “Sumámonos á reclamación para que o goberno colombiano garanta o libre desenvolvemento da promoción dos dereitos humanos, así como o respecto e a protección da vida dos representantes das organizacións sociais e políticas”, manifesta a portavoz do Bloque en Europa.

Ana Miranda, que en representación do grupo Verdes-ALE hai meses participou nunha delegación oficial de observación do Parlamento Europeo das eleccións presidenciais colombianas, considera que “resultan imprescindibles” todos os esforzos para manter a paz nun contexto de “post conflito”, despois do acordo asinado polas FARC-EP e o Goberno de Colombia en novembro de 2016 tras 53 anos de conflito armado. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias